
O titular do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, analiza no seu segundo Debate sobre o Estado da AutonomÃa como presidente da Xunta os principais eixes que sustentaron as polÃticas do seu Executivo nestes dous anos de goberno e trazará as liñas estratéxicas do próximo bienio. Touriño anuncia relevantes medidas en materia económica, social e de ordenación territorial que se porán en marcha proximamente, o que evidencia o compromiso do Goberno que preside coa aposta polo crecemento económico da Comunidade Autónoma, coas polÃticas sociais e coa necesidade de acompañar o crecemento económico e a mellora social cun modelo de desenvolvemento territorial e ambiental sustentable e equilibrado.
Na súa intervención, o presidente do Goberno galego porá en valor as polÃticas desenvolvidas pola Xunta ao longo destes dous anos enxalzando, especialmente, as polÃticas económicas que sentaron as bases dun novo modelo de desenvolvemento, asà como as polÃticas de emprego e as polÃticas sociais que afectan a áreas especÃficas como a educación, a sanidade ou á vivenda, entre outras.
Touriño referendará no seu discurso a boa marcha da economÃa galega, que leva dous anos medrando por enriba da media estatal, e destacará medidas impulsadas de fondo calado social como a posta en marcha da gratuidade dos libros de texto, a extensión da figura do acompañante escolar e dos comedores, a ampliación do programa de saúde bucodental ou a redución das listas de espera.
Pérez Touriño tamén salientará os pasos dados para potenciar un modelo sanitario público e de calidade, ao terse incrementado o orzamento destinado a este capÃtulo baixo o seu mandato en case 1000 millóns de euros e terse reducido a totalidade da débeda esixible, ao tempo que se iniciou o proceso para a supresión das fundacións sanitarias.
Paralelamente, referirase ao compromiso do Goberno galego coas polÃticas de vivenda que se ten traducido no impulso de programas de axuda ao acceso á vivenda en aluguer, especialmente para mozos e persoas con rendas máis baixas, ou o forte pulo dado ao proceso de cualificación de vivenda protexida nesta lexislatura.
Asà mesmo, lembrará os esforzos realizados para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero, coa primeira lei galega nesta materia ou as axudas económicas ás vÃtimas de malos tratos, asà como a constitución do consorcio de servizos sociais. Asà mesmo, o titular da Xunta resaltará á relevancia da conformación das mesas de diálogo social e o pacto polo emprego acadado cos sindicatos.
Tamén porá en valor o presidente da Xunta as decisións adoptadas polo seu Goberno en materia de peaxes, coa supresión das de Rande, A Barcala e Dozón-Ourense. E remarcará o feito de que o seu Goberno estea a promover o triple de quilómetros de vÃas de alta capacidade que os gobernos do PP, ademais de salientar o impulso dado ás polÃticas de ordenación territorial, que teñen na lei de medidas urxentes de protección do litoral un expoñente senlleiro como dique de contención contra a especulación e a degradación do solo.
En materia ambiental, o presidente salientará as polÃticas adoptadas polo Goberno que preside para protexer o medio e potenciar o saneamento e depuración de augas, como o Plan de Saneamento Integral das rÃas, dotado con máis de 650 millóns de euros para corrixir os graves déficit herdados neste eido. Asemade, apuntará as grandes liñas estratéxicas do Goberno neste ámbito de cara ao resto de lexislatura.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.