Notas de prensa

O presidente da Deputación Provincial de Lugo inicia a rolda de entrevistas cos alcaldes

Reúnese cun rexedor de cada cor política. A rolda de contactos inclúe 67 alcaldes e alcaldesas da provincia.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, reúnese co alcalde de Lugo, José López Orozco. O máximo responsable da Corporación Provincial inicia co rexedor da localidade máis poboada da provincia, e na que esta ubicada a sede da Deputación, a rolda de contactos cos 67 alcaldes e alcaldesas de toda a provincia.

Esta será a primeira vez, en oito anos, que o alcalde de Lugo vai ser recibido no Pazo Provincial. José Ramón Gómez Besteiro e José López Orozco tentarán desbloquear asuntos pendentes dende hai moito e farán fincapé na necesidade da máxima colaboración entre as dúas institucións por ben da capital da provincia. à recepción comenzará as 11 e media e están convidados os voceiros dos tres grupos políticos con presenza na Corporación Provincial.

Prioridade para os concellos

O máximo responsable da Deputación tamén se reunirá cos alcaldes de Monforte de Lemos, Serverino Rodríguez, e de Vilalba, Gerardo Criado. O encontro co rexedor monfortino será o martes día 11, e co vilalbés o mércores 12. José Ramón Gómez Besteiro coñecerá así de primeira man a situación destes importantes municipios da provincia de Lugo.

Deste xeito, o Presidente da Deputación inicia con rexedores das tres forzas políticas con maior presenza na provincia lucense a rolda de reunións cos 67 alcaldes e alcaldesas.

José Ramón Gómez Besteiro cumpre así o compromiso que fixo, a través dunha carta personalizada, de recibir ou visitar ós rexedores de toda a provincia. Algunhas entrevistas serán no Pazo Provincial e outras xuntanzas terán lugar nas respectivas Casas Consitoriais dos rexedores.

Para o Presidente da Deputación e o Equipo de Goberno os concellos son prioridade abosoulta neste mandato, polo que José Ramón Gómez Besteiro se adaptará ás preferencias e datas que propoñan os alcaldes e alcaldesas.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2007-08-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES