
O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, comprometeuse onte cos veciños de Pedrafita e Folgoso do Courel a desbloquear e axilizar varias obras da Montaña que comezaron hai xa catro anos e que están a ocasionar importantes molestias ós habitantes da zona e que lles obriga a dar rodeos de ata 10 quilómetros. O máximo responsable provincial asegurou que “hai que facilitar as comunicacións porque senón a xente ten moitas dificultades para chegar a esta zona”, por iso comprometeuse a incrementar o orzamento previsto nos vindeiros presupostos da Deputación.
José Ramón Gómez Besteiro comprobou in situ o mal estado no que se atopan os traballos de mellora e anchamento da estrada provincial que une Seoane do Courel e Pedrafita. Levan anos de retraso, a estrada é prácticamente intransitable e os habitantes da Montaña lucense vense obrigados a dar rodeos de 10 quilómetros nunha orografÃa xa de por sà complicada. No seu percorrido, ó longo de todo o dÃa, o Presidente estivo acompañado polo Delegado de Infraestruturas da Deputación, Manuel MartÃnez, e os alcaldes de Pedrafita do Cebreiro, Xosé Luis Raposo, e de Folgoso do Courel, José López Fontal.
O máximo responsable da Deputación dixo que estas obras son prioritarias para o desenvolvemento económico da Montaña. “E necesario mellorar as conexións do Courel, xa que é unha zona a potenciar, non só a nivel turÃstico, senón tamén a nivel rural e, sobre todo, medioambiental, que é unha das prioridades do Goberno Provincial para os vindeiros anos”. Lembrou que a actual estrada é estreita e ten curvas moi pronunciadas, o que fai case imposible a circulación de autobuses entre Seoane e o Hospital.
As obras desta estrada están presupostadas en 3.692.000 euros, dos que están executados ou adxudicados 1.815.000 euros a cargo dos Plans Operativos Locais (POL) dos anos 2003-2006.
Aposta pola seguridade viaria
Ademais de axilizar os traballos e aumentar os presupostos, o Presidente da Deputación tamén anunciou que será rectificado o trazado desta estrada en varios puntos que, tal e como están deseñados a dÃa de hoxe, supoñen un perigo para a seguridade dos habitantes da zona. En concreto trátase de varias curvas que atravesan por diante das casas existentes. José Ramón Gómez Besteiro sinalou que “o que se empeza hai que rematalo ben”.
As obras de mellora e anchamento da vÃa provincial que une Seoane de Caurel e O Hospital (Pedrafita), foron iniciadas en 2003. A estrada provincial ten unha lonxitude de 15,600 quilómetros e os traballos estánse a acometer por fases. Neste momento están rematados tres treitos que foron iniciados en 2003 e 2004 e outro está sen asfaltar. No resto da vÃa, os traballos aÃnda non deron comezo. Un treito está pendente da disponibilidade dos terreos e outros dous teñen os proxectos redactados.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.