Notas de prensa

O Raid Rota Marítima Caminho de Santiago chega á capital galega o 25 de xullo

Trátase dun itinerario único de peregrinación de 334 km. en oito días promovido pola Asociación Intercéltica.

O Raid Rota Marítima Caminho de Santiago, organizado pola Asociación Intercéltica, que se propón a ligar por mar a Figueira da Foz a Vilagarcia de Arousa, con chegada prevista a Santiago de Compostela no día do Apóstolo – 25 de xullo, definiu un vasto programa que se estende ao longo de 8 días consecutivos. O percorrido por mar será complementado por un programa a acontecer non soamente a bordo dos veleiros, mas tamén en cada unha das localidades de paraxe, na sua elaboración as autarquias envoltas privilexiarán a temática do mundo da náutica.

A Ceremonia de Abertura do Raid acontece no Castelo de Montemor-o-Velho. Seguen-se unha Missa na Igrexa de Santa Maria da Alcáçova, unha conferencia de prensa e un almozo tamén no Castelo. A partida en dirección à Figueira da Foz está prevista para as 16h00 e a chegada à Marina local, ao cabo dun percurso de 20 kilómetros, deberá acontecer trinta minutos máis tarde. Este primeiro día do percurso dun total de 334 quilómetros, e que inclúe tamén unha visita ao Núcleo Museolóxico do Mar, encerra cun xantar no Clube Náutico da Figueira da Foz.

A organización garante a participaión de dous veleiros, o Nauja e o Zorba, que ao longo deste Raid marítimo serán acompañados por un navío da Marinha Portuguesa e por un navío da Armada Española, ben como por varios barcos particulares. Nas largadas previstas no programa, e que están axendadas sempre para as 10h00, os respectivos clubes náuticos van integrar a peregrinación.

Ao longo desta rota, que tamén significa un teste à unión náutica dos intervenientes, representantes da Surfrider Foundation Europe (SFE) van realizar xunto dos tripulantes diversas accións de sensibilización ambiental. A SEF é unha ONG sen fins lucrativos e está voltada para a protección e para o desenvolvemento do Oceano, das ondas e do litoral. Un dos seus principais obxectivos é contribuír para unha maior conscienciación dos xóves a través da educación e sensibilización ambiental.

A largada deste Raid está axendada para a próxima quinta-feira e preve percorrer 30 millas marítimas entre a Figueira da Foz e Ãlhavo/Aveiro. Ainda antes do xantar a acontecer en Aveiro, terá lugar unha visita ao Museo Marítimo.

Na sexta-feira serán percorridas máis 30 millas, desta vez entre Ãlhavo e Matosinhos. A chegada à Marina de Leixões está prevista para as 17h00 e o xantar será integrado na “Festa do Mar”.

No sábado, entre Matosinhos e a Marina da Póvoa de Varzim, serán percorridas 12,5 millas marítimas. O xantar terá lugar no Posto Náutico (Clube Naval Povoense).

No domingo, o percurso liga as 17,5 millas entre a Póvoa de Varzim e Viana do Castelo. Na Princesa do Lima será feita uhaa visita ao centro histórico da cidade e ao navío-museo Gil Eannes. O xantar terá lugar no Complexo da Marina.

Na segunda-feira, a rota segue rumbo ao Porto Deportivo de Baiona (Ronáutica). Son 25 as millas marítimas que separan o anterior porto do desembarque na Galicia. A tripulación será recibida polo Alcalde e outras autoridades locais. Está prevista unha visita guiada à Caravela Pinta, à fortaleza Monterreal e ao casco histórico. O xantar será servido no Restaurante El Túnel.

Na tercia-feira percorrense as últimas 27,5 millas do Raid marítimo, entre Baiona e a Marina de Vilagarcia de Arousa, onde, polas 21h00, terá lugar o xantar.

A chegada a Santiago de Compostela, ao cabo dun último percurso de 50 kms, está axendada para as 11h00 de quarta-feira, 25 de Jullo – Día do Apóstolo. O Delegado das Peregrinación da Oficina do Peregrino, D. Jenaro Cebrián Franco, dará as boas vindas aos participantes no Raid “Rota Marítima Caminho de Santiago” e presidirá à celebración de unha Eucaristia polas 16h00 na Catedral. Altura en que termina o programa deste ano zero do Raid.

A Organización do Raid “Rota Marítima do Caminho de Santiago”, agradece todo o apoio prestado polo Xacobeo e Xunta de Galicia, polas Cámaras Municipais de Montemor-o-Velho, Figueira da Foz, Ãlhavo, Aveiro, Matosinhos, Póvoa de Varzim e Viana do Castelo, polos Ayuntamientos de Baiona e Vilagarcia de Arousa, pola Grande Ãrea Metropolitana do Porto, Valimar ComUrb e Diputación de Pontevedra, polo Instituto de Turismo de Portugal, pola Marinha Portuguesa e Armada de España, pola Federação Portuguesa de Vela, polas Regiões de Turismo do Centro, Rota da Luz e Alto Minho, SportZone e pola Graham´s.

Katia Romeu (Gabinete de Prensa Asociación Galega de Actividades Náuticas-Agan), 2007-07-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES