A Vicepresidencia da Xunta de Galicia e a Asociación Empresarial de Transporte de MercancÃas por estrada da provincia de Ourense (APETAMCOR) colaboran nun proxecto piloto para a incorporación das mulleres ao sector do transporte de mercadorÃas nesta provincia. Asà o adiantou o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, no decurso dunha visita ás instalacións desta entidade, situadas en Barbadás.
Segundo explicou Anxo Quintana, a iniciativa, que se porá en marcha o vindeiro ano, suporá a incorporación de 20 mulleres en situación de desemprego a esta profesión e disporá dun investimento de 67.000 euros por parte da SecretarÃa Xeral da Igualdade. O vicepresidente indicou que este é un proxecto experimental de integración da muller no sector do transporte de mercadorÃas por estrada que ten como obxectivo principal impulsar a integración efectiva das mulleres neste sector. Para isto, o proxecto desenvolverase en tres fases: unha primeira será de información, orientación e asesoramento, no marco da cal se seleccionarán a 20 mulleres demandantes de emprego inscritas no INEM; a segunda fase, de cualificación e formación estará estreitamente tutelada por APETAMCOR e terá unha duración estimada de 7 meses; e a terceira fase será a de colocación das traballadoras, que está garantida por APETAMCOR nas empresas que forman parte da asociación, no eido da provincia de Ourense.
No decurso da visita o vicepresidente da Xunta amosouse convencido do inmenso esforzo desenvolvido por APETAMCOR a prol da profesionalización das organizacións empresariais e afirmou que esta entidade é “unha boa demostración de efectividade”, xa que leva unha liña acertada non só para os seus asociados, senón que ao mesmo tempo supón un beneficio para o resto do paÃs. “Boa mostra deste sentido de futuro é a aposta da asociación polo presente, como se ve nesta preocupación pola igualdade de homes e mulleres”, apuntou Quintana, quen salientou que “de pouco valen os plans de conciliación e igualdade que se fagan desde os gobernos se estes non teñen implicación efectiva na sociedade civil”. AsÃ, puxo como exemplo o proxecto de colaboración establecido entre a Vicepresidencia e APETAMCOR, que, ao seu xuÃzo, suporá un importante avance a prol da integración efectiva da muller en todos os eidos da vida laboral.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.