
O equipo de expertos da Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste (Aimen) está a disposición das empresas ourensás do sector que necesiten soporte en proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i). A nova delegación do centro tecnolóxico galego en Ourense foi presentada polo seu xerente, Jesús Lago, na Tecnópole, onde estará situada.
Tanto Lago coma o delegado de Aimen en Ourense, Alberto MartÃnez, explicaron no Parque Tecnolóxico de Galicia que a entidade, que ten a súa sede central na localidade pontevedresa do Porriño, buscará posicionarse no recinto do concello de San Cibrao das Viñas como polo de atracción de novas empresas e de captación de capital empresarial para Ourense.
A instalación dunha oficina técnica de Aimen na Tecnópole foi aprobada hai tres meses e entre os seus obxectivos especÃficos figuran darlles soporte en I+D+i ás empresas relacionadas co sector metalúrxico situadas nese mesmo recinto e nas zonas industriais limÃtrofes e funcionar como un elemento dinamizador para a modernización tecnolóxica do sector privado.
Outra das metas da nova delegación de Aimen en Ourense é detectar
necesidades tecnolóxicas das empresas do sector do seu contorno, segundo expuxo a xestora en I+D+i do centro, Rocio Alonso.
Servizos integrais
O centro tecnolóxico galego do sector metalúrxico conta con 78 empresas asociadas e máis de 500 clientes. Ao longo dos seus 40 anos de actividade, Aimen vénse centrando no desenvolvemento e fortalecemento da capacidade competitiva das empresas do seu sector a través do fomento e a execución de actividades de I+D+i.
Ademais, dedÃcase á prestación de servizos tecnolóxicos de alto valor engadido; o fomento e a execución da investigación, o perfeccionamento e o desenvolvemento dos materiais e das súas tecnoloxÃas de unión; a prestación de asistencia e servizos tecnolóxicos; a colaboración na transferencia de resultados de investigación entre os centros e as empresas; e a prestación
de asistencia, formación e perfeccionamento de persoal técnico,
investigadores e operadores. Ademais, realizan tarefas de consultorÃa en calidade, medio ambiente, organización, produción, mantemento, innovación e planificación estratéxica.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.