Notas de prensa

O turismo galego, protagonista dos Premios Fitur

A presidenta de Guimatur –mariscadoras de Cambados– recibiu unha mención especial de Turismo Activo, pola iniciativa Rotas turísticas por bancos marisqueiros.

O Turismo galego foi o gran protagonista da Gala de entrega dos premios Fitur 2007 (Feira Internacional de Turismo de Madrid), ao ser o noso país o único destino que recibiu dous galardóns, en diferentes categorías. O director Xeral de Turismo da Consellería de Innovación e Industria, Rubén Lois González, recolleu o recoñecemento a Turgalicia como mellor stand por Comunidades Autónomas do Estado –premio compartido con Euskadi e Castela A Mancha– na pasada edición de Fitur, celebrada a finais de xaneiro no recinto feiral de Madrid, no que tamén se desenvolveu este mediodía o acto de entrega de premios.

O xurado quixo recoñecer no stand galego a calidade, elegancia e orixinalidade da montaxe expositiva, que serviu de referencia para outros stands de promoción turística do país, montados polo Goberno Galego en diferentes feiras e certames do resto do Estado e do ámbito internacional ao longo de 2007.

Mariscadoras de Cambados

As mariscadoras de Cambados agrupadas na asociación Guimatur recolleron o outro premio concedido ao Turismo galego nesta Gala. A súa presidenta, María Xosé Cacabelos, recibiu de mans de Teresa Caramé, directora Xeral de Turismo do Concello de Madrid, a Mención Especial do Xurado no apartado de Turismo Activo, pola súa iniciativa “Rotas turísticas por bancos marisqueiros”. Este produto, enmarcado dentro do chamado turismo mariñeiro e pesqueiro, está a ser apoiado pola Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Innovación e Industria. Precisamente, a presentación deste novedoso proxecto turístico en Fitur 2007 tivo lugar no stand galego, tamén premiado.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2007-06-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES