
A ConcellerÃa comezou a desenvolver o obradoiro de sociolingüÃstica Máis alá de Lingua e Sociedade para o alumnado do IES Francisco Aguiar. Coa colaboración da dirección e do Equipo de Normalización LingüÃstica do centro e grazas ao labor da cooperativa compostelá Tagen Ata (que imparte o obradoiro), levarase a cabo un taller de actividades dinámicas para que o alumnado traballe dentro do horario escolar a situación da lingua galega desde unha perspectiva social.
Os obradoiros Máis alá son unha proposta de intervención lúdico-educativa nas aulas. Trátase dunha alternativa de innovación pedagóxica coa que se quere achegar a lingua galega aos adolescentes para fomentar o coñecemento e o respecto pola diversidade cultural e lingüÃstica.
A ConcellerÃa desenvolveu xa este mesmo obradoiro ao longo do primeiro trimestre do curso 2006-07 no IES As Mariñas.
A concelleira de Normalización LingüÃstica, a nacionalista Concepción Valladares Vázquez, indicou que esta iniciativa de intervención social no ámbito da mocidade ten como obxectivo traballar as actitudes negativas que adopta habitualmente a xente nova e que se detallan na publicación da Real Academia Galega O galego segundo a mocidade (2003); esta publicación puxo de relevo que mocidade galega seguÃa asociando o galego co ruralismo, coa pobreza e coa incultura.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.