Notas de prensa

Presentado o buscador galego Paxinas.com

Trátase dunha nova ferramenta de búsqueda en Internet de temas relativos a Galicia. Deuse a conoñer a primeira versión na Casa do Mar de Ferrol.

Este buscador conta con máis de 8 millóns de páxinas de Galicia, novas de 20 medios de comunicación actualizados constantemente, todos os Boletíns Oficiais de Galicia (autonómico e provinciais) e máis de 2.000 blogs de galegos. Paxinas.com pretende converterse na principal ferramenta para buscar información galega ou relativa a Galicia en Internet.

Paxinas.com inclúe, entre as súas opcións, o primeiro sistema de recuperación automática de información bilingüe en Galego e Español, así como opcións de procura por lingua, o que permitirá, por vez primeira, que se poidan realizar consultas de noticias exclusivamente en galego nos diferentes medios de comunicación.

Paxinas.com foi desenvolvido pola empresa 3.14 Financial en colaboración con Internet Construdata21, que aportou o seu saber-facer na sección de Boletíns Oficiais. A colaboración entre ámbalas dúas empresas ten dado, nos últimos anos e como resultados máis visibles, a posta no mercado de novedosas ferramentas de xestión de información para o sector da construcción, rastreando boletíns e medios online de toda España mediante o uso de técnicas de intelixencia artificial.

Sobre 3.14 Financial:

3.14 Financial é unha empresa de consultoría e desenvolvemento do sector das TIC. Creada no ano 2002, conta cunha continua inversión en proxectos de investigación e innovación, o que lle permitiu entrar nos mercados internacionais de exportación. Especializada en solucións corporativas, comeza, coa presentación deste primeiro buscador, unha serie de solucións abertas ao público xeral.

Sobre Internet Constudata21:

Construdata21 é unha empresa especializada na oferta de servizos de información para o sector da construción en España e, a partir do próximo mes de marzo, tamén en Portugal. Con clientes de toda Europa, é líder en información de calidade referida a obras públicas e privadas, así como no desenvolvemento de novos servizos de comunicación entre provedores e promotores principais das obras. Construdata21 conta con gran experiencia no procesamento de información de Boletíns Oficiais e documentos técnicos do sector.

Sonsoles Facal (Departamento de Comunicación Netaccede, S.A.), 2007-02-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

O próximo 12 de agosto a Península Ibérica vivirá un dos eventos astronómicos máis importantes do século: unha eclipse total de Sol. Pola súa posición xeográfica, a súa climatoloxía e a súa contorna histórica-monumental, a cidade de Lugo foi sinalada como un dos mellores destinos de toda Europa para contemplar este fenómeno na súa máxima plenitude.
A VIII edición do congreso da Sociedad de Estudios de Cerámica Antigua en Hispania (SECAH) está estes días celebrándose no campus de Ourense, cunha visita tamén a Lugo. A cita reúne a 80 especialistas de España e Portugal e conta cun programa formado por 50 relatorios e 35 pósters nos que se abordan as últimas novidades e proxectos neste eido de investigación.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES