Notas de prensa

A Asociación Aspronaga presenta a curtametraxe Masacre, producida e protagonizada por persoas con discapacidade intelectual e voluntarios

A Asociación da Coruña, integrada dentro de FADEMGA FEAPS GALICIA, presenta en sociedade esta curtometraxe o 20 de decembro na sede da Fundación Caixa Galicia, onde tamen se celebra unha mesa redonda cos protagonistas.

A Asociación ASPRONAGA, da Coruña, integrada dentro de FADEMGA FEAPS GALICIA (Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia) presenta o 20 de decembro de 2006 na sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña a curtometraxe "Masacre".

Esta curtometraxe, producida e protagonizada por persoas con discapacidade intelectual e voluntarios da asociación é presentada ás 8 da tarde coa presenza dos seus protagonistas, que tamén presentarán neste acto unha reportaxe onde se explica cómo se fixo a curtometraxe. Os protagonistas comentarán a súa experiencia nunha mesa redonda.

A idea de realizar esta curtometraxe xurdiu como un proxecto máis dentro do servizo de ocio de ASPRONAGA. Partindo desta iniciativa leváronse a cabo as actividades para a grabación dun corto no que os protagonistas son rapaces con discapacidade intelectual e voluntarios da asociación coruñesa. Este grupo de rapaces, orientados polos voluntarios, decidiron que no seu tempo libre querían facer cine ou algo polo estilo. O que naceu coa idea de facer un video caseiro foise convertendo nunha producción complexa a medida que persoas do mundo do celuloide coñecían o proxecto e ofrecían a súa colaboración.

Dende a Asociación ASPRONAGA explican que este proxecto foi un proceso moi interesante para todos. Os rapaces con discapacidade e os voluntarios tiveron a oportunidade de coñecer os entresixos e o procedemento para a rodaxe dunha pequena producción e o equipo de rodaxe e producción puideron comprobar as grandes capacidades que se esconden detráis desa discapacidade que non deixa ver máis alá. O resultado deste proceso é unha curtometraxe de intriga e suspense digna dunha presentación en sociedade.

O día 20 estréase a curtometraxe “Masacre” e unha reportaxe de cómo se fixo. Tamén haberá a oportunidade de coñecer aos seus protagonistas e falar con eles para que conten a súa experiencia nunha mesa redonda. Este acto ten lugar na Fundación Caixa Galicia o día 20 ás 20 horas. ASPRONAGA extende esta invitación para todos aqueles que queiran acudir á presentación de Masacre.

Asociación Aspronaga (integrada en Fademga-Feaps Galicia), 2006-12-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (mitec-42-2025.jpg) A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas presentou hoxe a programación da súa 42ª edición, que se celebrará entre os días 22 de xuño e 6 de xullo no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela, así como nas rúas e noutros espazos da vila do Morrazo, que acollerán 26 espectáculos e un nutrido programa de actividades lúdicas e sectoriais. O certame, organizado desde 1984 pola Asociación Cultural Xiria, é un dos poucos festivais de teatro europeos cuxo principal selo de identidade é a comedia, unha marca consolidada e referente da produción escénica deste xénero en calquera das súas vertentes: negra, branca, xestual, contemporánea, circense, dramática, musical e, dende hai máis dunha década, tamén na danza.
Foto de la tercera plana (musica-clasica.jpg) A praza Conde de Fontao de Foz será o enclave elixido para a actuación extraordinaria do festival o 31 de xullo con La Carroza Del Real, mentres que o destacado pianista Denis Kozhukhin abrirá oficialmente o ciclo de concertos o 12 de agosto na Fortaleza de Alfoz. O 13 de agosto a Real Filharmonía de Galicia e o Coro da Comunidade de Madrid realizarán o primeiro concerto sinfónico-coral no que interpretarán o Réquiem de Mozart na Catedral de Mondoñedo. A clausura do XII Festival Bal y Gay será co barítono galego Borja Quiza, o 21 de agosto, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, cita na que tamén participarán o pianista Javier Carmena e a mezzosoprano Andrea Rey, nunha proposta que mesturará as raíces galegas e españolas.

Notas

Afondar no papel que a evidencia científica pode e debe xogar nas decisións políticas e na implantacións de políticas públicas foi o obxectivo central da conferencia impartida pola presidenta do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Eloísa del Pino, na UVigo. Sustentar as actuacións públicas na ciencia, defendeu Del Pino, posibilita en primeiro termo 'ser eficiente cos recursos, porque sabes que é máis probable que unha política funcione, aínda que non é unha garantía de éxito'.
A Sociedade Europea de Biomateriais recoñeceu cun dos seus premios europeos de doutoramento Julia Polak 2025 a Ana Iglesias Mejuto e Miguel Pereira Silva, que realizaron a súa tese de doutoramento en iMATUS da USC. O galardón distingue persoal investigador novo que completou un doutoramento de excelencia no ámbito dos biomateriais e a enxeñería de tecidos, valorando tanto a calidade da súa investigación como a súa formación internacional.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES