
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) presenta o xoves, dÃa 16 de novembro, ás 12.15 horas, en sesión aberta aos medios, a copia restaurada de Ano Santo em Compostela, o segundo filme máis antigo que se conserva sobre Galicia. Trátase dunha pelÃcula muda de 20 minutos de duración que recolle imaxes do Ano Santo de 1915, e foi restaurada a partir de materiais nitrato conservados na colección da Cinemateca Portuguesa-Museu do Cinema.
A importancia desta pelÃcula é maior se se ten en conta que só se conservan outras dúas cintas producidas ou rodadas en Galicia con anterioridade a 1920: Botadura del Acorazado Alfonso XIII (Ibérico FIlms, 1913, 3 minutos) e Miss Ledyia (José Gil, 1916, 21 minutos), custodiadas ambas nos arquivos do CGAI.
A presentación de Ano Santo em Compostela enmárcase no programa do ‘X Seminario de Arquivos FÃlmicos. Recuperar, identificar, catalogar, restaurar e difundir o cine producido antes de 1920Â’, organizado en colaboración coa Filmoteca Española, e que se celebra na propia sede do CGAI durante os dÃas 15, 16 e 17 de novembro. Os Seminarios-Talleres de Arquivos FÃlmicos veñen sendo organizados pola Filmoteca Española desde 1990 co obxectivo de perfeccionar e coordinar a actuación dos técnicos dos arquivos de imaxes en movemento existentes en España. Esta é a primeira ocasión en que se celebran fóra de Madrid, contando coa participación activa, mediante mesas redondas e conferencias, de representantes de distintos arquivos internacionais (Cinemateca Portuguesa, Cinemateca Brasileira, Filmoteca da UNAM-México, Cineteca Nacional de Chile), asà como de prestixiosos especialistas europeos en restauración fÃlmica.
Este décimo Seminario-Taller céntrase na recuperación, identificación, catalogación, restauración e difusión do cine producido antes de 1920 e conta cós maÃs recoñecidos especialistas na materia, dende o seu coordinador, Alfonso del Amo (Filmoteca Española), o mexicano Iván Trujillo (Filmoteca UNAM), Carlos Wendel de Magalhâes (Cinemateca Brasileira), os directores das diferentes filmotecas nacionais (Chema Prado, da española, Roc Vilas, da catalana, José Luis Rado, da valenciana, ou Peio Aldazabal, da vasca, entre outros) e os seus xefes de arquivo.
No Seminario, que atende ás investigacións desenvolvidas sobre o estado de conservación do cinema mudo, preséntanse diferentes restauracións ao tempo que se achega unha visión completa acerca da relación arquivos-mundo académico, a difusión en salas e medios electrónicos do cine mudo, as diferentes coleccións de pelÃculas, os usos das fontes documentais e a catalogación e restauración das pezas proxectadas.
O seminario está dirixido preferentemente a arquivistas de cine e televisión, pero nesta ocasión ofértanse tamén vinte prazas gratuÃtas para estudantes de áreas afÃns tales como BiblioteconomÃa e Documentación, Comunicación Audiovisual ou Historia da Arte. Estas solicitudes de asistencia deben de dirixirse ao correo electrónico difusion@cgai.org, indicando nome e apelidos do solicitante, asà como enderezo e teléfonos de contacto.
ANO SANTO EM COMPOSTELA
(Portugal, 1915)
Realización: Manoel Cardoso Pereira.
Produción: Invicta Film.
Investigación historiográfica levada a cabo por José MarÃa Folgar de la Calle, profesor de Historia do Cine da Universidade de Santiago de Compostela.
Dividida en tres partes, presenta vistas de Santiago de Compostela desde o monte do Pedroso, imaxes das peregrinacións que chegan á catedral, asà como da procesión do Apostol.
A nova copia en 35mm quedará conservada no CGAI logo da súa presentación no X Seminario-Taller de Arquivos FÃlmicos.
'Anuncio con ledicia que hai un acordo de todas as partes, que pensamos que poder ser moi bo para mellorar a docencia da titulación de Medicina en 4º, 5º e 6º e que se desenvolverá a partir do curso que vén e durante os tres próximos'. Con estas palabras confirmaba o reitor da UVigo e coordinador do grupo de traballo para a descentralización do segundo ciclo do Grao en Medicina, Manuel Reigosa, a consecución dun acordo baseado no preacordo ratificado o pasado venres polos reitores de Vigo, Santiago e A Coruña e as consellerÃas de Educación e Sanidade. Non obstante, os termos concretos do documento non se farán públicos ata que este sexa coñecido polos integrantes do Consello de Docencia ClÃnica.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que o Executivo autonómico 'mobilizou 103 millóns de euros desde 2022' para apoiar os concellos galegos no exercicio das súas competencias en materia de residuos 'e paliar o impacto do taxazo do lixo' imposto polo Goberno central nas arcas municipais. Nesta liña lembrou que 'Galicia é a única comunidade con achegas para apoiar aos concellos' nesta materia. Asà se recolle nun informe do que tomou razón o Consello, e que detalla as principais actuacións, proxectos e transferencias directas realizadas por parte do Executivo autonómico co fin de garantir o mantemento duns servizos municipais básicos e, á vez, axudar ás entidades locais a cumprir coas novas obrigas e obxectivos europeos no eido dos residuos.