
A Consellería de Cultura apoia con uns 10.000 euros a difusión masiva do relato Presentimento, da escritora Teresa Moure. A obra editarase en Biblos Difusión, un círculo de lectores que busca popularizar os escritores galegos e, ao mesmo tempo, fomentar a lectura por medio de textos accesibles e de calidade literaria. A distribución dos 350.000 exemplares comezará o 25 de xullo aproveitando a celebración do Día de Galiza en Compostela.
Para a distribución deste relato inédito que narra unha historia de amores platónicos que se desenvolve no espazo dunha biblioteca, a Consellería conta coa colaboración de Gadis, que entregará aos seus clientes máis de 50.000 exemplares; de Renfe, que fará o propio con outros 10.000, así como con Autocares Vázquez e Biblos Clube de Lectores. Outros 5.000 exemplares van ser distribuídos polos concellos de Cambre, Carballo, Cesuras, Fene e Porto do Son.
Multitude de recoñecementos literarios
Teresa Moure é profesora de Lingüística Xeral na Universidade de Santiago de Compostela e, nos últimos tempos, é a autora galega con máis galardóns. A súa obra Herba Moura recibiu, entre moitos outros premios, o Xerais do 2005; A Xeira das árbores foi premiada con Lueiro Rey de novela curta 2004. En ensaio, acadou o Ramón Piñeiro no 2004 con Outro idioma é posible.
Biblos Difusión é un proxecto que pretende aproveitar as maiores aglomeracións de xente para con textos atractivos motivar a aproximación á lectura en galego de gran número de galegos, ao tempo que ofrece unha breve reseña biobibliográfica dos autores para fomentar o seu coñecemento popular. A idea é que Biblos Difusión teña continuidade tanto con autores recoñecidos en todo o país como con outros que poidan ser especialmente significativos nos seus concellos ou comarcas, colaborando con toda sorte de asociacións ou colectivos interesados en difundir a nosa cultura.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.