Notas de prensa

Identidade Galega incorpórase o Partido Galeguista

A construcción dun proxecto Galeguista unificado e común que, en sintonía co perfil ideolóxico e a traxectoria histórica dos mais de 70 anos do P.G., recolla a lexítima reivindicación identitaria da Galiza e as inquedanzas das galegas e galegos para construir o Galeguismo do século XXI, é o cerne do acordo de incorporación de Identidade Galega ó Partido Galeguista que oficializaremos, ambalas dúas formacions políticas, nunha comparecencia diante dos medios de comunicación na cidade de A Coruña e na que participan o Presidente e o Secretario Xeral do P.G., XABIER GONZÁLEZ e MANOEL SOTO FERREIRO, xunto cos dirixentes de Identidade Galega XOSE LOIS PÉREZ e XOAN LOIS MANTEIGA.

Identidade Galegaconcurriu as eleccions ó Parlamento Galego de Xuño, na circunscripción provincial de A Coruña, acadando votos en 62 Concellos.Xosé Lois Péreze Xoan Lois Manteiga integranse na Executiva Nacional do Partido Galeguista asumindo, respectivamente, as competencias da Secretaría de Política para a Pequena e Mediana
Empresa e a Secretaría de Política Cultural.

Rolda de prensa


Convocantes: PARTIDO GALEGUISTAeIDENTIDADEGALEGA


Data: Xoves, 8 Setembro
Hora:17 horas
Local: salón Ría de Arousa, Hotel Bárcelo Coruña
Cidade: A Coruña
Comparecentes:
MANOEL SOTO FERREIRO(Secretario Xeral do Partido Galeguista)
XOSE LOIS PÉREZ(Identidade Galega)
XABIER GONZÁLEZ(Presidente do Partido Galeguista)
XOAN LOIS MANTEIGA(Identidade Galega)

Partido Galeguista (PG), 2005-09-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES