A poeta palestina Rafeef Ziadah ofrecerá un recital no Paraninfo da Universidade da Coruña
O paraninfo da ReitorÃa acollerá o vindeiro luns, 15 de abril, ás 20:00 horas, o primeiro recital na Coruña da poeta palestina Rafeef Ziadah. A súa poesÃa, dedicada á guerra en Palestina, estará acompañada da música en directo de Phil Monsour. O evento será de carácter gratuÃto e está organizado pola asociación Pallasos en rebeldÃa e o Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.
Conta co patrocinio da VicerreitorÃa de Igualdade e Diversidade da UDC e a Deputación da Coruña, e a colaboración do colectivo Galiza por Palestina, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, o movemento BDS Galiza e o colectivo Sugxpal.
Rafeef Ziadah
Rafeef Ziadah é a poeta palestina máis coñecida a nivel internacional. AutodefÃnese como "filla da ocupación" e ten un estilo propio, cunha forte mensaxe polÃtica. Coa súa "performance" convida ao público a reflexionar arredor de temas como a guerra, o racismo ou o xénero.
Ziadah é recoñecida polas súas performances e a viralidade das súas propostas. No seu último álbum “Three Generation” invita a unha viaxe a través de Palestina e o Mar Mediterráneo, seguindo a estela do seu segundo traballo, onde a súa palabra únese á música, xerando asà un maior impacto no público.
Universidade da Coruña (UDC), 2024-04-12
Actualidad
Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorÃas. Os tÃtulos seleccionados na categorÃa Infantil foron Caderno de cores e cancións, de MagÃn Blanco e Sonia GarcÃa, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categorÃa distinguiuse A pulga espacial de Xabier DomÃnguez e Alba de Evan.
A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.
Notas
O próximo dÃa 8 de maio terá lugar no XardÃn das Pedras que falan (xardÃn traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.