Notas de prensa

Play-Doc celebra a grandes cineastas na súa sección competitiva

O Festival Internacional de Cinema Play-Doc, que celebrará a súa 20ª edición do 1 ao 5 de maio na cidade de Tui, Galicia, anuncia os filmes que conformarán a competición internacional desta nova entrega do certame, así como o xurado que outorgará os premios nesta categoría. Esta edición aniversario destaca pola participación de recoñecidos e celebrados cineastas cuxas obras se caracterizaron pola permanente procura estética e o risco formal.

Desde o traballo póstumo de Jean-Luc Godard ao máis recente filme do prolífico realizador brasileiro Júlio Bressane –que se verá en estrea europea–, pasando polas novas obras de veteranos investigadores da linguaxe cinematográfica como Paul Vecchiali, Jean-Claude Rousseau, Jerome Hiler, Enrico Ghezzi e a dupla que integran Yervant Gianikian e Angela Ricci Lucchi, a competición internacional desta edición será, á vez, unha celebración de cineastas que, ao longo das súas carreiras, xamais deixaron de lado o seu interese pola experimentación audiovisual.

Os sete filmes que formarán parte da competición internacional son:

- Bonjour la langue (Paul Vecchiali, 2023, Francia).

-Cinema Before 1300 (Jerome Hiler, 2023, Estados Unidos).


-Film annonce de film qui nÂ’existera jamais (Jean-Luc Godard, 2023, Francia).


-Frente a Guernica (Yervant Gianikian, Angela Ricci Lucchi, 2023, Italia-España). Estrea española.


-Gli ultimi giorni dellÂ’umanità (Enrico Ghezzi, Alessandro Gagliardo, 2022, Italia). Estrea española.


-Leme do destino (Júlio Bressane, 2023, Brasil). Estrea europea.


-Oú sont tous mes amants? (Jean-Claude Rousseau, 2024, Francia). Estrea española.

O igualmente prestixioso xurado que outorgará os premios da Competición Internacional estará integrado pola directora austríaca Ruth Beckermann, realizadora de The Dreamed Ones, Mutzenbacher e The Waldheim Waltz, entre outros clásicos contemporáneos; a cineasta e profesora estadounidense Bette Gordon, directora da icónica Variety e Handsome Harry, e o programador e editor Benjamin Mirguet, que traballou en películas como Batalla en el cielo, ou Dau, entre moitas outras.

A programación da competición internacional súmase ás xa anunciadas retrospectivas e funcións especiais que integrarán esta edición, entre as que se contan ciclos dedicados á obra de William Friedkin, Leon Hirszman, David Gladwell, Viola Stephan e unha exhibición especial do filme As armas e ou povo, con motivo de cumprirse 50 anos da Revolución dos Caraveis.


Festival Internacional de Cinema Play-Doc, 2024-04-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES