Notas de prensa

A spin-off da UDC PhotoIlike recibe o premio Solvia PropTECH 2024 á mellor tecnoloxía para a comercialización de activos

A spin-off da UDC PhotoIlike vén de facerse co premio Solvia PropTECH á mellor tecnoloxía para a comercialización de activos, logo de impoñerse ás máis de 50 candidaturas participantes nesta segunda edición dos premios. Así mesmo, outorgáronse doutros dous premios noutras dúas categorías.

O premio para a mellor tecnoloxía proptech para a mellora da experiencia do cliente, entregado á empresa Homming, e o galardón á mellor proptech innovadora, para a empresa Balize.

As entidades gañadoras terán a oportunidade de levar a cabo un proxecto piloto inicial en colaboración con Solvia e demostrar que as súas propostas tecnolóxicas teñen un impacto significativo no sector inmobiliario español.

Desde PhotoIlike sinalan que “os premios Solvia Protech supoñen o recoñecemento público máis importante na nosa andadura, un reforzo fundamental, posto que son un referente anual das mejores iniciativas tecnolóxicas e de innovación do sector”.

PhotoIlike

PhotoIlike, desenvolvida por Indestia, foi creada no ano 2021, e consiste nunha ferramenta que está a ser usada por inmobiliarias de todas España para ofrecer aos seus clientes aquelas imaxes con mellor atractivo comercial. Conta cunha tecnoloxía propia, baseada na IA, capaz de predicir o atractivo comercial dunha imaxe, xerando así un incremento de clics e tendo unha repercusión no incremento de vendas.

A historia desta empresa data de finais do ano 2018, cando, grazas a unha axuda IGNICIA de GAIN, Juan Romero xunto con outros profesores/investigadores da UDC lánzanse a desenvolver un prototipo que se poida converter en produto e lanzar unha spin-off. En 2019 e baixo IGNICIA únese ao proxecto Manuel Pérez. En 2021 apróbase a spin-off Artificial Intelligence Indestia S.L., baixo a marca comercial PhotoILike. Na actualidade son 7 persoas traballando na empresa, contanto dentro do accionariado a propia UDC e profesores da mesma (Adrián Carballal Mato, Juan Jesús Romero Cardalda, María de la Luz Castro Pena, Nereida Rodríguez Fernández e Francisco Abel Cedrón Santaeufemia). Ademais, desde a empresa sempre trataron de contratar persoal dentro da UDC, como son Iria María Santos López e Ãlvaro Torrente Patiño.

Segundo explica Juan Romero, cofundador e xefe de Innovación de PhotoILike, coa súa ferramenta “as empresas melloran a conversión dos seus anuncios máis dun 20%”

PhotoILike ten procesados máis de 23 millóns de imaxes de clientes en España e Sudamérica en en todos os test realizados conseguiu máis clics que os anuncios editados por humanos unicamente cambiando a orde das fotografías.

Premios Solvia propTECH

Os premios Solvia propTECH son uns premios organizados por Solvia, empresa pertencente ao grupo Intrum, líder de servizos inmobiliarios para particulares, empresas e investidores, e TheFringe/LABS, venture builder especializada na identificación e aceleración de novos proxectos proptech e data analytics, que pretenden ser o referente anual para o recoñecemento público das mellores iniciativas tecnolóxicas e de innovación do sector inmobiliario en España.

O obxectivo dos premios é descubrir e recoñecer aquelas startups proptech cuxo uso de tecnoloxías convértenas en proxectos innovadores que impactan positivamente ao ecosistema inmobiliario español, ben sexa a través de tecnoloxías para mellorar o funcionamento interno de procesos, como tecnoloxías aplicadas á realización de servizos e produtos, que as fan destacar no seu campo.

Universidade da Coruña (UDC), 2024-04-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES