Notas de prensa

A UDC participa nun proxecto europeo transnacional sobre educación inclusiva na universidade

Thais Pousada, profesora da área funcional de Terapia Ocupacional e investigadora do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC, participa no proxecto “Design2Freedom: promoting Person-Centered Design for people with disability in higher education” (Promoción do deseño centrado na persoa con discapacidade na educación superior).

O programa está liderado pola Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) e o seu obxectivo principal é favorecer a incorporación do “Deseño Centrado na Persoa” aplicado ao deseño de produtos para persoas con discapacidade na educación universitaria, a través da experimentación e avaliación do uso de metodoloxías participativas e inclusivas para a aprendizaxe con profesores e estudantes de diferentes ámbitos.

Esta iniciativa, financiada pola Comisión Europea a través do programa Erasmus+, desenvolverase ata o ano 2026. No consorcio participan a Universidade da Coruna (España), Vilniaus Kolegija (Lituania), CREADE (Bélxica) e Technicka Univerzita v Kosiciach (Eslovaquia), que acaban de reunirse no seu primeiro encontro transnacional en Lituania.

Durante a reunión, que tivo lugar os días 29 de febreiro e 1 de marzo, identificáronse os conceptos clave do proxecto, tales como o modelo social da discapacidade, a accesibilidade universal, as tecnoloxías de apoio, o deseño centrado na persoa e as metodoloxías participativas e inclusivas que se aplicarán. Este encontro serviu como punto de partida para unificar datas, fitos, resultados e directrices do proxecto.

O equipo do CITIC da UDC que participa neste proxecto está formado por Thais Pousada, Betania Groba, Laura Nieto, Mª del Carmen Miranda e Patricia Concheiro, docentes da área funcional de Terapia Ocupacional; Manuel Lagos, estudante de doutoramento e investigador contratado; Javier Pereira, subdirector do CITIC e docente da Área de Medicina Física; xunto co director do CITIC, Manuel González Penedo, profesor da Área de Ciencia da Computación e Enxeñaría Artificial. Será no propio CITIC onde se desenvolverá o Inclusive Design Lab no vindeiro mes de novembro, que involucrará a toda a comunidade universitaria, xunto cos partners europeos.

Universidade da Coruña (UDC), 2024-03-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES