Notas de prensa

As catedráticas da UDC María José Souto e Ana Dorotea Tarrío presentan un libro sobre a matemática coruñesa María Wonenburge

Mañá xoves, día 22 de febreiro, ás 19:00 horas, as investigadoras Ana Dorotea Tarrío Tobar, docente da Ãrea de Matemática Aplicada; e María José Souto Salorio, da Ãrea de Ãlxebra da Universidade da Coruña, presentarán no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) da Coruña a súa publicación sobre a matemática coruñesa María Wonenburger.

A obra leva por título 'María Wonenburger. La Atrevida matemática a la que nuestro país dio dos veces la espalda'. Está editada por Next Door Publishers e conta con prólogo da matemática e divulgadora científica española Marta Macho Stadler, profesora de Xeometría e Topoloxía na Universidade do País Vasco. O libro expón nun formato ameno os obstáculos que a brillante protagonista tivo que superar, e estuda a extensa carreira que desenvolveu no estranxeiro, converténdoa nun referente en álxebra a nivel mundial.

Durante o acto de presentación, as dúas autoras manterán un diálogo xunto co biólogo e divulgador Xosé Antón Fraga sobre a figura da matemática, primeira científica Honoris Causa da Universidade da Coruña no ano 2010.

Wonenburger (1927-2014) foi unha experta na teoría de Grupos Clásicos e en Ãlxebras de Clifford. Converteuse na primeira muller española en recibir unha bolsa Fullbright, coa que se doutorou no ano 1957. Desenvolveu a súa carreira investigadora maiormente en Estados Unidos e Canadá, regresando a España no ano 1983 por motivos familiares e permanecendo afastada do mundo académico. Nomeada socia de honra da Real Sociedade Matemática Española (RSME) en 2007, foi recoñecida como a inspiradora da Teoría de Kac-Moody, da tese do seu primeiro alumno, o célebre matemático Robert Moody.

O evento, dirixido ao público en xeral, é de carácter aberto e gratuíto ata completar aforo.

Universidade da Coruña (UDC), 2024-01-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES