Notas de prensa

O xoves, presentación de dous libros sobre o Camiño de Santiago en Canarias

O próximo xoves, 22 de febreiro, ás 20,00 h., no salón de actos da Biblioteca Provincial de Lugo, van ser presentados dous libros relacionados co Camiño de Santiago en Canarias, obra do lucense afincado nas Illas José Manuel Espiño Meilán. Os libros, publicados polo Goberno autonómico de Canarias (Consellería de Turismo, Industria e Comercio), son “AIRAM Y EL APÓSTOL” e “UN CAMINO DE LEYENDA”.

É o primeiro un libro especialmente para nenos sobre a lenda da chegada por mar ás Canarias, hai cinco séculos, dunha imaxe ecuestre do Apóstolo, que deu orixe á devoción por Santiago nas Illas, e o segundo unha guía – especialmente para mozos – do Camiño Xacobeo nas Canarias que os peregrinos percorren de sur a norte (desde Maspalomas a Galdar) a gran concha de lava que se chama Gran Canaria.

É este o Camiño dos Volcáns, con gran seguimento nas Illas, que finaliza na igrexa dos Cabaleiros de Santiago de Galdar, protexido polos papas Xoan XXIII, Paulo VI e Xoan Pablo II, con 65 quilómetros que os peregrinos percorren en tres días por un camiño aparentemente árido pero cheo de vida vexetal e animal, e unhas paisaxes incomparables.
José Manuel Espiño Meilán, profesor e escritor, conxuga coñecemento e amor pola natureza e historia de Galicia coa devoción que profesa polas Illas (chamadas Afortunadas polo clima, a vexetación e a fauna) reflictindo en toda a súa obra ese coñecemento e amor pola riqueza natural das dúas terras.

GaliciaDigital, 2024-02-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES