Notas de prensa

As librarías galegas conmemoran o Día de Rosalía

As librarías galegas dan a benvidas as actividades do 2024 conmemorando o tradicional Día de Rosalía de Castro, con actividades que comezan o martes 6 de febreiro. Dende este día e ata o 3 de marzo todos aqueles lectores que se acheguen a calquera das librarías asociadas e opten por facerse cunha nova lectura en galego recibirán, de regalo, unha escolma de textos da autora -ata rematar existencias-. Un agasallo coordinado pola Casa de Rosalía en colaboración coa Fundación Xistral.

Ademáis, como ven sendo tradición, a Federación de Librarías de Galicia convoca unha nova edición do “Concurso de Escaparate de Rosalía de Castro”, na que poderán participar todas as librarías asociadas que preparen un escaparate promocionando a gran referente da cultura galega. O prazo de participación remata o 23 de febreiro, e o premio para a libraría gañadora será unha visita guiada para 4 persoas ó Pazo dá Matanza, un bolso, un neceser e unha axenda da escritora. Tamén haberá un agasallo para todas as librarías participantes que decoren o seu escaparate con este motivo (unha axenda de Rosalía)

A Federación de Librarías de Galicia

A Federación de Librarías de Galicia é unha institución constituída sen fins de lucro, integrada actualmente por 146 librerías de toda Galicia, que leva 45 anos traballando pola defensa dos intereses comúns do sector, e fomentando o crecemento dos lectores con diversas campañas.




Federación de Librarías de Galicia, 2024-02-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES