Notas de prensa

O estudo premiado co Valentín Paz Andrade evidencia como a COVID-19 incrementou a desigualdade en Galicia

José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira recolleron este martes 23 o premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia, convocado polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA) e o Consello Económico e Social (CES). Amoedo e Sánchez-Carreira foron premiados polo artigo ‘Os efectos iniciais da COVID-19 nas desigualdades de renda en Galicia e a súa distribución na sociedade’, un traballo que veu a luz na Revista Galega de Economía.

O reitor da USC, Antonio López, quen presidiu o acto, así como o xurado que outorgou o premio, destacou a relevancia dun galardón que recoñece investigacións “de moito valor, relacionadas con Galicia e con proxección para a sociedade”. Antonio López lembrou a importancia de dar pulo a traballos que como o de Amoedo e Sánchez-Carreira “sirvan para a toma de decisións”. Neste senso, rememorou as palabras do epidemiólogo social británico Richard Wilkinson arredor do concepto de desigualdade, ao destacar que con independencia de que unha sociedade sexa máis ou menos rica, o realmente crucial é que esa riqueza “sexa ben distribuída”. Pola súa parte, o presidente do Consello Económico e Social, Manuel Pérez Ãlvarez, rememorou a figura “polifacética” de Valentín Paz Andrade e subliñou que “unha investigación xeradora de valores e ideas é a base para o progreso económico e social”.

Logo da lectura da acta do xurado por parte de María Dolores Riveiro García, directora do IDEGA, José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira recolleron o galardón reivindicando “políticas sociais que axuden a recuperar o benestar”. O traballo premiado na modalidade dirixida a traballos publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas, ten como obxectivo identificar, medir e describir os cambios nas desigualdades de renda en Galicia despois da pandemia por mor da COVID-19. Para isto, calcularon diferentes indicadores de desigualdade de renda que permiten analizar a súa evolución antes e despois da pandemia (2014-2020), considerando as diferentes fontes de ingreso. José Manuel Amoedo lembrou como o influxo da COVID-19 se cebou moi especialmente en Galicia coas persoas menores de 35 anos. Pola súa parte, Sánchez-Carreira puxo o foco en como “unha boa análise é a mellor base para políticas públicas máis efectivas”, ademais de lembrar como o estudo evidencia a “brecha xeracional” que existe en Galicia neste ámbito.

O xurado motivou as súas decisións, tomadas por unanimidade, “na calidade científica dos traballos, na actualidade e relevancia da temática que abordan e na contribución dos resultados á mellor toma de decisións para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia”. Ademais de Antonio López, integraron o xurado María Dolores Riveiro García do IDEGA, Manuel Pérez, presidente do CES; Manuel Martínez, secretario do CES; Fernando González Laxe da UDC e Xosé Henrique Vázquez Vicente da UVigo. José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira pertencen á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.

Os principais resultados do estudo poden sintetizarse en tres aspectos. Primeiro, a pandemia implica un incremento das desigualdades de renda en Galicia en 2020. Ademais, “aumentaron as desigualdades segundo o sexo, a nacionalidade, a idade e o nivel de estudos dos compoñentes do fogar, así como as desigualdades territoriais”, explican Amoedo e Sánchez-Carreira. Finalmente, as prestacións sociais desempeñaron un papel relevante á hora de suavizar o efecto da pandemia nas desigualdades. “Cómpre sinalar que este efecto é asimétrico, levando a que os fogares compostos por persoas máis novas se visen claramente menos protexidos que os de maior idade”, matizan.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2024-01-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES