Notas de prensa

Un proxecto piloto tratará de pór sobre a mesa solucións á soidade non desexada nas persoas maiores

Promocionar o envellecemento saudable e buscar maneiras de previr e tratar a soidade non desexada nas persoas maiores. Este é o obxectivo do convenio asinado este luns pola Universidade, a Ãrea Sanitaria de Vigo e a Sociedade Galega de Xeriatría, un acordo co que as tres institucións tratarán de unir forzas na prevención nunha das cuestións con maior impacto na saúde das persoas maiores.

O acordo foi asinado este luns nas instalacións do Hospital Ãlvaro Cunqueiro por parte do reitor, Manuel Reigosa; o xerente da Ãrea Sanitaria de Vigo, Javier Puente, e o presidente da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía (SGXX), José Mª Failde, profesor da Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo.

Trátase de establecer unha colaboración para abordar de modo conxunto unha investigación neste ámbito, sobre todo na detección, a prevención e o tratamento da soidade non desexada coa finalidade de minimizar o seu impacto na saúde dos maiores. De maneira conxunta, o acordo tentará definir e organizar as diferentes accións relacionadas co coñecemento da situación das persoas maiores de 75 anos en situación de Soidade Non Desexada e planificar o conxunto de accións preventivas para garantir uns parámetros de saúde adaptados ás súas necesidades. Ademais, tamén se vai promover a coordinación de todos os axentes implicados a nivel comunitario para abordar este fenómeno social e establecer un protocolo de cooperación interinstitucional no eido da saúde.

Proxecto piloto en cinco centros de saúde

Para realizar esta investigación, coordinada a través do servizo de Traballo Social da Ãrea Sanitaria de Vigo, vaise desenvolver un programa piloto nos centros de saúde de A Cañiza, A Guarda, Val Miñor, Moaña e Ponteareas. A través deste traballo tratarase de avanzar na identificación das principais problemáticas dos maiores de referencia neses centros de saúde, co obxectivo de avaliar resultados e implementar esta metodoloxía de acción comunitaria en todos os centros de saúde da Ãrea Sanitaria de Vigo.
Segundo o acordo asinado, o Servizo de Traballo Social da Ãrea Sanitaria de Vigo comprométese a proporcionar, de xeito anónimo, á Universidade de Vigo e á Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía datos relativos ás características socio-demográficas e clínicas de persoas maiores, de cara a identificar factores de risco e causas da Soidade Non Desexada, así como factores vinculados co envellecemento saudable e a lonxevidade.

Pola súa banda, a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría e a Universidade de Vigo comprométense a proporcionar o asesoramento técnico e metodolóxico para a análise de datos, de cara a traducir os resultados de investigación na mellora da calidade de vida das persoas maiores.

Labor da UVigo no proxecto

O principal labor da UVigo neste proxecto será pois o asesoramento ao Servizo de Traballo Social da Ãrea Sanitaria de Vigo. “En relación coa detección, isto concretarase en coordinar a selección de mostra e a elección de instrumentos para a avaliación da soidade, a introdución de datos no programa estatístico e a posterior análise estatística dos mesmos”, explica María Dapía, investigadora da UVigo implicada neste proxecto.

A partir dos resultados obtidos, nunha segunda parte, formularanse diferentes sesións de traballo de cara a deseñar intervencións que poidan mellorar a calidade de vida das persoas maiores. “Nun terceiro momento, e cando as accións se implementen, corresponderalle á Universidade facer o seu seguimento e avaliación”, recalcou Dapía, quen non dubidou en afirmar que “un proxecto deste tipo é o mellor exemplo da necesaria conexión e colaboración entre a Universidade e a sociedade; unha colaboración na que universidade trata de dar resposta a unha necesidade sentida por parte, neste caso, do Servizo de Traballo Social da área Sanitaria de Vigo”, engadiu a investigadora.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Os obxectivos e tarefas do presente acordo están aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), establecidos en 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Neste senso, o envellecemento afecta a cada un dos Obxectivos do Desenvolvemento como son a erradicación da pobreza, a eliminación da fame, ou acadar unhas cidades e asentamentos humanos inclusivos, seguros, resilientes e sostibles. Así mesmo, tamén se está a desenvolver unha estratexia nacional para combater a soidade non desexada, que afecta de modo especial ás persoas maiores.

Por isto, ante a necesidade de promover e coordinar actividades para a prevención e promoción de saúde nas persoas maiores e considerando que a Soidade Non Desexada está identificada como un dos principais problemas de saúde, decidiuse formalizar este Acordo de colaboración.

Universidade de Vigo, 2024-01-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES