Notas de prensa

O proxecto SUS-SOIL procura a avaliación da saúde e funcionalidade dos solos baixo diferentes cultivos

SUS-SOIL, que acadou unha financiación de 7 millóns de euros do programa Horizonte Europa, busca estudar a saúde dos solos desde diversas perspectivas, incluíndo caracterizacións químicas e físicas, pero tamén propiedades biolóxicas. Outra das liñas de traballo do proxecto é o estudo da capacidade dos solos para secuestrar carbono.

O equipo da Universidade da Coruña formado por investigadores do grupo Xestión Sostible dos Recusos Hidrícos e do Solo (AQUATERRA), participa no proxecto europeo SUS-SOIL.

Esta iniciativa, coordinada pola USC xunto cun consorcio de 25 socios, entre eles a UDC, participará na avaliación da saúde e funcionalidade dos solos baixo diferentes estratexias agroecolóxicas de manexo de cultivos, establecendo 15 experiencias piloto en toda Europa, para determinar o seu grao de sustentabilidade.

O equipo de traballo da UDC está coordinado pola investigadora Ramón y Cajal Vanessa Ãlvarez López, xunto con Eva Vidal Vázquez, profesora titular; Marcos Lado Liñares, Profesor contratado doutor; e Manuel López Vicente, investigador distinguido contratado no programa de atracción da Xunta de Galicia; todos do Departamento de Física e Ciencias da Terra.

SUS-SOIL, que acadou unha financiación de 7 millóns de euros do programa Horizonte Europa, busca estudar a saúde dos solos desde diversas perspectivas, incluíndo caracterizacións químicas e físicas, pero tamén propiedades biolóxicas. Outra das liñas de traballo do proxecto é o estudo da capacidade dos solos para secuestrar carbono, o cal é de gran interese na rexión de Galicia polas características dos nosos solos.

Está previsto que as primeiras etapas do proxecto dean comezo en outono deste ano. A investigadora Vanessa Ãlvarez López, coordinadora do equipo de traballo da UDC, destaca que a financiación de proxectos de investigación multidisciplinares na que se poña en relevo o papel da microbioloxía do solo, é clave para dar valor aos sistemas agrarios sostibles a longo prazo.

Universidade da Coruña (UDC), 2024-01-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES