Notas de prensa

A UDC permanece entre o 10% das universidades máis sustentables do mundo no ránking internacional GreenMetric

A Universidade da Coruña vén de situarse no posto 110 na décimo cuarta convocatoria do ránking internacional GreenMetric, que mide o desempeño das universidades en materia de sustentabilidade. A UDC acada así mesmo o posto número 5 a nivel estatal e é líder en sustentabilidade no contexto galego. A cifra de institucións académicas participantes incrementouse este ano de 1.050 a 1.183, dun total de 84 países.

O UI GreenMetric World University Ranking é un informe elaborado anualmente pola Universidade de Indonesia que se iniciou no ano 2010. Valora as políticas de sustentabilidade ambiental nos centros de ensino superior, en función de seis categorías: entorno e infraestruturas, enerxía e cambio climático, tratamento de residuos, uso da auga, sistemas de transporte e educación e investigación.

O obxectivo deste ránking é reflectir os esforzos levados a cabo polas institucións para aplicar políticas e programas sustentables e respectuosos co medio ambiente, promovendo así a loita contra o cambio climático. Ao mesmo tempo, tamén pretende promover a mellora continua e o compromiso destas institucións para abarcar os problemas de sustentabilidade.

A convocatoria de 2023 fíxose baixo o lema "Innovación, Impactos e Dirección Futura das Universidades Sustentables”, e centrouse nos esforzos das universidades para continuar cos seus programas e políticas de sustentabilidade, innovación, impacto e dirección futura con base en GreenMetric e nos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODSs).

Desde a súa primeira participación no ano 2016, a Universidade da Coruña continúa a mellorar a súa puntuación global, conseguindo neste último ano un total de 8.275 puntos, destacando nos apartado de xestión de residuos, uso da auga e educación e investigación, e con posibilidades de mellora nos apartados de transporte, enerxía e infraestruturas.

A lista 2023 está escabezada un ano máis pola universidade holandesa Wageningen University & Reasearch. No caso de España, a Universidad Complutense de Madrid lidera de novo a lista, atopándose no posto 35.

Universidade da Coruña (UDC), 2023-12-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (al-majisti-festival.jpg) O festival Al–Majisti' vaise desenvolver os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega. Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al–Majisti' é o topónimo árabe traducido como 'o máis grande, o grande tratado' e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.
Foto de la tercera plana (20240509-uvigo.jpg) Catro traballos que versan sobre a liberdade vixiada, a crise dos pellets, a ocupación de vivendas e a intelixencia artificial foron galardoados este xoves co III Premio Xurídico de Investigación en lingua galega Xosé Luís Franco. Os catro gañadores, dúas estudantes da Universidade de Vigo, un de Santiago de Compostela e outra da Coruña, déronse a coñecer este xoves na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, impulsora destes premios, no transcurso dun acto co gallo do Día das Letras Galegas.

Notas

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata o venres no Parque Tecnolóxico de Galicia, baixo o lema 'Mellor, de Madeira'. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES