O Centro Mixto de Investigación, CEMI, UDC-Navantia acomete tres liñas de análise para incrementar a competitividade do estaleiro
ContribuÃr á competitividade e eficiencia dun estaleiro en plena transformación. Este é o principal obxectivo do Centro Mixto de Investigación UDC-Navantia, o proxecto que desde o pasado ano –foi constituÃdo o 12 de xullo de 2022- dá continuidade ao intenso e frutÃfero traballo desenvolvido neste mesmo sentido no marco da Unidade Mixta de Investigación entre ámbalas dúas institucións (entre 2015 e 2021).
Durante ese perÃodo a actividade centrouse fundamentalmente no desenvolvemento de novas técnicas e tecnoloxÃas que permitisen, mediante a I+D+i, incrementar a competitividade do estaleiro ferrolán para aplicalo actualmente ao programa das novas fragatas F-110.
Nesta nova etapa do Centro Mixto de Investigación mantense o obxectivo, pero agora as aplicacións estenderanse á nova planta do estaleiro de Ferrol e, particularmente, á nova Fábrica Dixital de Bloques. Tres son as principais liñas de investigación: Xemelgo Dixital do Produto; Xemelgo Dixital do Proceso ou Planta; e Novos Procesos, que suman un total de once actuacións diferentes.
As enmarcadas na primeira delas refÃrense, fundamentalmente, á plataforma en si, tratándose particularmente pilotos do GD da estabilidade, inundación, avarÃas e propagación de lume e fumes no buque, para dar soporte ao proxecto das F-110.
O Xemelgo Dixital da Planta, pola súa banda, trátase mediante o desenvolvemento de pilotos na planta existente, “que sexan escalables e de aplicación na futura Fábrica de Bloques que Navantia construirá no estaleiro de Ferrol”. Finalmente, a liña de Novos Procesos tratará a dixitalización dos procesos produtivos do estaleiro, asà como dos traballadores que levan a cabo os mesmos.
Todas están orientadas ao obxectivo principal do CEMI: a transformación do estaleiro de Navantia-Ferrol nun Estaleiro 5.0. Isto permitirá á compañÃa pública mellorar a súa competitividade, asà como as prestacións dos seus produtos, incrementando o seu valor engadido e diferenciándose dos seus competidores globais.
Na actualidade, todas as innovadoras liñas están xa en marcha, “todas a velocidade de cruceiro” e moitas delas con resultados palpables. “Cremos que o resultado deste primeiro ano estivo mesmo por riba das expectativas que tiñamos”, destacan os codirectores do CEMI, Pablo Fariñas, por parte da UDC, e Rafael Morgade, por Navantia.
O CEMI, iniciativa conxunta da Universidade da Coruña, Navantia e a Xunta a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), nace co fin de dar soporte ao estaleiro público da rÃa de Ferrol na súa transformación cara á industria 5.0. Cun horizonte fixado ata setembro de 2025, data na que concluirÃa o proxecto actual do centro, conta con preto de catro millóns de euros de financiamento e arredor de 150 investigadores e profesionais implicados por parte de ambas as dúas institucións.
Universidade da Coruña (UDC), 2023-12-21
Actualidad
O festival Al–Majisti' vaise desenvolver os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega. Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomÃa e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al–Majisti' é o topónimo árabe traducido como 'o máis grande, o grande tratado' e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluÃdos os navegantes dos descubrimentos; por iso o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.
Catro traballos que versan sobre a liberdade vixiada, a crise dos pellets, a ocupación de vivendas e a intelixencia artificial foron galardoados este xoves co III Premio XurÃdico de Investigación en lingua galega Xosé LuÃs Franco. Os catro gañadores, dúas estudantes da Universidade de Vigo, un de Santiago de Compostela e outra da Coruña, déronse a coñecer este xoves na Facultade de Ciencias XurÃdicas e do Traballo, impulsora destes premios, no transcurso dun acto co gallo do DÃa das Letras Galegas.
Notas
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altÃsima calidade da súa obra, asà como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba SarrionandÃa (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
Galiciencia, a maior feira cientÃfica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata o venres no Parque Tecnolóxico de Galicia, baixo o lema 'Mellor, de Madeira'. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións cientÃficas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.