Notas de prensa

Relatos sobre Ponteceso, Betanzos e Boiro gañan o certame #HoxeEscriboEn

A Biblioteca Provincial acolleu hoxe a entrega de premios do certame #HoxeEscriboEn 2023. O vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira, e a deputada de cultura, Natividad González, entregaron os galardóns ás persoas gañadoras: no primeiro posto, María Luisa Vidal Collazo, por “Estou aquí”, un relato referido a Ponteceso; no segundo, Diego Fernández Fernández, por “O desencravo”, sobre Betanzos, e no terceiro María José González López, por “El pazo de Goiáns”, de Boiro.

O xurado, formado polo vicepresidente Xosé Regueira; as vogais Patricia Cernadas Novo e Paula Cabado Brea e a secretaria Carmen María Ferreiro Villaverde, Bibliotecaria e directora da Biblioteca provincial, elexiu “Estou aquí” como relato gañador “por ser un texto lírico que expresa con gran beleza os sentimentos e as emocións, co mar como parte da identidade”. No caso de “O desencravo”, por utilizar a ironía e o humor, destacando polo seu estido fluido e orixinalidade. E, “El pazo de Goiáns”, por transmitir fantasía, coidada prosa e evocar un mundo onírico.

O certamen #HoxeEscriboEn, convocado pola área de Turismo en colaboración coa Biblioteca provincial, premia ás persoas gañadoras con estadías e experiencias en cabanas e establecementos rurais da provincia e lotes de produtos representativos de selos de calidade e sustentabilidade.

O obxecto do concurso é o fomento do talento creativo, a animación á escritura
e á lectura, e a difusión do patrimonio cultural e turístico dos concellos da
provincia da Coruña, contribuindo a sensibilizar sobre os recursos naturais, culturais e medioambientais de cada un, e a importancia de preservalos.

Deputación da Coruña, 2023-12-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (20240510-xunta.JPG) Tivo lugar unha xornada de debate organizada pola Fundación Galicia Europa (FGE) no marco da celebración do Día de Europa co obxectivo de abordar coa mocidade universitaria o estado actual do proxecto de construción europea. No evento colaboraron a asociación xuvenil Equipo Europa e a asociación de debate universitario Retórica da Universidade de Vigo. No evento tratouse o impacto da Unión Europea e das eleccións ao Parlamento Europeo do próximo xuño. A fundación ten en marcha unha campaña en redes sociais para informar á cidadanía galega sobre o traballo das institucións da UE e sobre o seu impacto en Galicia. En liña co seu compromiso con achegar a Unión á xuventude, patente na iniciativa EuroXuventude, a campaña estará principalmente destinada á mocidade.
Foto de la tercera plana (outras-historias-posibles.jpg) A Cidade da Cultura de Galicia reivindica na exposición 'Outras historias posibles' a obra de seis artistas contemporáneas vinculadas a Galicia que despuntaron nos anos 80 do pasado século. A mostra, que abrirá a súas portas no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a finais deste mes de maio, reúne unha ampla escolma dos traballos de Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré co obxectivo de celebrar o seu talento e contextualizar a súa obra, atendendo tanto ás influencias do contexto histórico como aos eventos da vida privada que determinaron o seu devir artístico.

Notas

Representantes dunha trintena de universidades españolas déronse cita en Vigo para avanzar na protección dos dereitos e no compromiso coa diversidade cultural, sexual e de xénero. Fixérono no cuarto encontro da Red de Universidades pola Diversidade, o órgano de representación das universidades españolas en diversidade sexual e de xénero (orientación sexual, diversidade corporal, afectiva, identidade de xénero e expresión de xénero) e diversidade por procedencia, cultura, crenza e afíns.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES