Unha Ponte Coa LusofonÃa. O mellor cinema lusófono volve a Vigo para celebrar a súa terceira edición no Museo MARCO
Este sabado vaise poñer en marcha a terceira edición de 'Unha Ponte coa LusofonÃa', unha programación cinematográfica coa que amosará no Museo MARCO de Vigo curtametraxes e longametraxes de recente produción de Portugal, Brasil, Galicia e Angola. A primeira sesión estará dedicada a Galicia coa exhibición da longametraxe Jacinto, de Javi Camino, e a curtametraxe Na pel da memoria, de Laura e Coral Piñero.
Este sabado 28 de octubro, Abella Producións vai poñer en marcha a terceira edición do proxecto Unha Ponte coa LusofonÃa, unha programación cinematográfica coa que amosará no Museo MARCO de Vigo curtametraxes e longametraxes de recente produción de Portugal, Brasil, Galicia e Angola.
Moitas destas pelÃculas erán exhibidas por primera vez ao publico galego. A primeira sesión estará dedicada a Galicia coa exhibición da longametraxe Jacinto, de Javi Camino, e a curtametraxe Na pel da memoria, de Laura e Coral Piñero.
Este será o primeiro das catro datas programadas para Unha Ponte coa LusofonÃa III, que continuará os dÃas 4 de novembro, 11 de novembro e 18 de novembro. Todos os eventos son gratuÃtos e comezan ás 19:00 h no Museo de Arte Contemporánea de Vigo-MARCO. A mostra conta co apoio da Deputación de Pontevedra e o Centro Cultural Camões de Vigo.
Abella Producións, 2023-10-24
Actualidad
Tivo lugar unha xornada de debate organizada pola Fundación Galicia Europa (FGE) no marco da celebración do DÃa de Europa co obxectivo de abordar coa mocidade universitaria o estado actual do proxecto de construción europea. No evento colaboraron a asociación xuvenil Equipo Europa e a asociación de debate universitario Retórica da Universidade de Vigo. No evento tratouse o impacto da Unión Europea e das eleccións ao Parlamento Europeo do próximo xuño. A fundación ten en marcha unha campaña en redes sociais para informar á cidadanÃa galega sobre o traballo das institucións da UE e sobre o seu impacto en Galicia. En liña co seu compromiso con achegar a Unión á xuventude, patente na iniciativa EuroXuventude, a campaña estará principalmente destinada á mocidade.
A Cidade da Cultura de Galicia reivindica na exposición 'Outras historias posibles' a obra de seis artistas contemporáneas vinculadas a Galicia que despuntaron nos anos 80 do pasado século. A mostra, que abrirá a súas portas no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a finais deste mes de maio, reúne unha ampla escolma dos traballos de Ana GarcÃa Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré co obxectivo de celebrar o seu talento e contextualizar a súa obra, atendendo tanto ás influencias do contexto histórico como aos eventos da vida privada que determinaron o seu devir artÃstico.
Notas
Representantes dunha trintena de universidades españolas déronse cita en Vigo para avanzar na protección dos dereitos e no compromiso coa diversidade cultural, sexual e de xénero. Fixérono no cuarto encontro da Red de Universidades pola Diversidade, o órgano de representación das universidades españolas en diversidade sexual e de xénero (orientación sexual, diversidade corporal, afectiva, identidade de xénero e expresión de xénero) e diversidade por procedencia, cultura, crenza e afÃns.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altÃsima calidade da súa obra, asà como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba SarrionandÃa (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.