Notas de prensa

EqualSea Lab traballará na redución de capturas accesorias a través do proxecto REDUCE

O EqualSea Lab, financiado polo Consello Europeo de Investigación e dirixido polo profesor do departamento de Economía Aplicada da USC, Sebastian Villasante, participará no proxecto ‘Reducing bycatch of threatened megafauna in the east central atlantic (REDUCE)’ co que se pretende, a través de enfoques científicos interdisciplinarios e novos, xestionar a pesca peláxica industrial na Unión Europea e no Océano Atlántico Centro-Oriental, “xa que está última é unha fonte importantísima de actividade económica e proteínas para a UE”.

Coordinado pola Universitat de Barcelona, o consorcio no que tamén participa o CSIC, CETMAR e a Universidat de València, acaba de recibir un financiamento de case nove millóns de euros. O proxecto busca reducir as capturas accesorias de especies (cetáceos, raias, ou tartarugas mariñas) destas pesqueiras e fundamentar unha xestión sostible para as pesqueiras industriais da UE que operan nesta rexión pouco estudada. Esta zona, que comprende as augas peláxicas do Golfo de Guinea, Ãfrica Occidental, Macaronesia e a costa ibérica, “constitúe un punto quente de biodiversidade para unha gran variedade de megafauna mariña”, explican. A rexión é tamén o obxectivo da pesca industrial de 50 países, incluídas importantes frotas de cerco, palangreiras e arrastreiras da UE, con elevados índices de capturas accesorias de megafauna mariña diversa.

Accións

Ademais de polo profesor Sebastián Villasante, o equipo da USC intégrano Manel Antelo, Pablo Pita e Gill Ainsworth. O grupo encargarase de coordinar o paquete de traballo de planificación espacial mariña sostible e xusta e revisará a equidade nas políticas, procesos e prácticas institucionais e normativas existentes en relación coa xestión das capturas accesorias. Tamén elaborará mapas de risco baseados en zonas chave de biodiversidade e puntos críticos de capturas accesorias, dirixirá unha análise socioeconómica das repercusións destas capturas nas actividades pesqueiras e as respostas dos pescadores ante as mesmas, así como dos servizos climáticos prestados polos animais capturados deste xeito.

Ademais, desenvolverase un Código de Boas Prácticas para a xestión das capturas accesorias na Unión Europea. O profesor Villasante é tamén investigador do Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais da Universidade de Santiago de Compostela (CRETUS).

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2023-07-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (bus.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que o Consello aprobou hoxe a Estratexia galega de Mobilidade, a folla de ruta a seguir ata 2050 para 'garantir uns desprazamentos máis sostibles, seguros e funcionais' que estará dotada de 420 millóns de euros para implantar 'un centenar de medidas'. A estratexia contén un plan de acción que implica as diferentes administracións públicas, a autonómica, a estatal e a local, para facilitar os desprazamentos das persoas e mercadorías, apoiar a competitividade do territorio e transformar os patróns de mobilidade. Preséntase como un instrumento para deseñar solucións que permitan transformar o actual modelo nun máis funcional, sustentable e seguro.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaje.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe que o Goberno galego xa adxudicou 985M€ de fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) desde a posta en marcha do plan de recuperación. Así, o Executivo autonómico autorizou a publicación de convocatorias por importe de 1.097M€ e adxudicou o 90%, o que supón 'un grado de execución moi razoable', tal e como sinalou o titular da Administración. Segundo o informe analizado hoxe na reunión do Consello, na actualidade, a suma dos recursos do MRR asignados polo Goberno central á Administración galega ascenden a 1.545 M€, o 5,8 % do distribuído entre as comunidades autónomas, o que supón menos recursos dos que corresponderían á comunidade por PIB per cápita.

Notas

A Conferencia de Reitores de Universidades Españolas desenvolve este luns e o martes no Edificio Fontán da Cidade da Cultura as súas XXI Xornadas sobre Internacionalización e Cooperación, organizadas nesta ocasión polas tres universidades públicas galegas. A xornada inaugural presidiuna o reitor da USC, Antonio López Díaz, e contou coa participación dos seus homólogos da Coruña e Vigo, Ricardo Cao Abad e Manuel Reigosa Roger, respectivamente.
Do 6 ao 10 de maio o campus de Ourense acolle a celebración do 12 Taller internacional sobre cambios e tendencias a longo prazo na atmosfera (Trends 2024). Nel participan de xeito presencial ou virtual 77 especialista de 21 países e procedentes de 51 institucións, entre elas a Nasa, o Massachusetts Institute of Technology (MIT), o National Center for Atmospheric Research dos EEUU e as academia de Ciencias de países como China, India e Chequia, ademais de España.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES