Notas de prensa

Entrega das Bandeiras Azuis a Ribadeo e Burela

O acto tivo lugar na praia das Catedrais de Ribadeo, coa participación do delegado territorial de Lugo, Javier Arias; o alcalde deste concello, Daniel Vega, e a alcaldesa de Burela, Carmela López. O delegado celebrou as 10 Bandeiras Azuis que suman os dous municipios e instou a que as Administracións "sigamos colaborando e traballando no coidado do medio ambiente e nunha oferta turística sostible, accesible e de calidade".

No concello de Burela contan con este distintivo as praias da Marosa, O Portelo e Ril, así como a Ruta do Litoral, e son considerados Centros Azuis o Barco Museo Reina del Carmen e o Centro de educación medioambiental Gaia. Pola súa banda, Ribadeo lucirá a bandeira nas praias das Catedrais e Os Castros-Illas, na Ruta do faro de Illa Pancha ás Aceas e no Porto Deportivo.

Arias destacou que Galicia sigue sendo a comunidade española con máis sendeiros azuis, e consolida a súa posición entre as tres que reciben cada ano un maior número de distintivos para as súas praias, só superada por Valencia e Andalucía.

A Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) concede este recoñecemento de carácter internacional en base a unha serie de criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos.

Os actos centrais de entrega dos distintivos para os sendeiros e as praias galardoados en Galicia xa se celebraron, e estes días estase completando a entrega a aqueles municipios que non puideron recoller algún deles.

Adeac tamén recoñece o labor dos chamados Centros Azuis, aínda que non lucen bandeira como tal, en atención á súa vertente de educación medioambiental.

Xunta de Galicia, 2023-06-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES