Un concerto e unha instalación sonora, a proposta do Festival Resis esta semana
O Festival RESIS segue enchendo A Coruña da mellor música contemporánea e arte internacional. Como parte da súa programación, esta semana haberá unha instalación sonora e mais un concerto. O venres, dÃa 28 de abril, ás 20:00, inaugurarase Faro Horizontal/7, instalación que se poderá visitar ata o dÃa 19 de maio na Fundación LuÃs Seoane. Trátase dunha obra que mestura a música coa arte visual, da man de Marco Maril e Juan Lesta respectivamente.
A seguinte cita da semana terá lugar ao dÃa seguinte, no Museo de Belas Artes, tamén ás 20:00. Tratarase do concerto Pierrot Lunaire, que toma o seu tÃtulo da obra homónima do austrÃaco Arnold Shoenberg, a cargo da recoñecida agrupación madrileña Plural Ensemble. As entradas poden reservarse gratuitamente en ataquilla.com, no kiosco da praza de Ourense ou no propio museo de Belas Artes.
A interpretación de Pierrot Lunaire servirá tamén para homenaxear, con motivo deste Ano Picasso, ao célebre pintor, xa que a figura de Pierrot foi recorrente na súa obra. O director da velada será Fabián Planisello, lÃder de Plural Ensemble.
O Festival RESIS de Música Contemporánea e Artes Vivas continuará a súa programación ata o sábado dÃa 6 de maio, contando con tres concertos e outras actividades que desfrutar na súa última semana.
Baixo o patrocinio do Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e o INAEM, o RESIS consolida o seu éxito cada ano entre o público, a crÃtica e os profesionais do ámbito coa súa aposta por un festival galego e internacional. A entrada é gratuÃta ata completar aforo.
Festival Resis, 2023-04-26
Actualidad
Tivo lugar unha xornada de debate organizada pola Fundación Galicia Europa (FGE) no marco da celebración do DÃa de Europa co obxectivo de abordar coa mocidade universitaria o estado actual do proxecto de construción europea. No evento colaboraron a asociación xuvenil Equipo Europa e a asociación de debate universitario Retórica da Universidade de Vigo. No evento tratouse o impacto da Unión Europea e das eleccións ao Parlamento Europeo do próximo xuño. A fundación ten en marcha unha campaña en redes sociais para informar á cidadanÃa galega sobre o traballo das institucións da UE e sobre o seu impacto en Galicia. En liña co seu compromiso con achegar a Unión á xuventude, patente na iniciativa EuroXuventude, a campaña estará principalmente destinada á mocidade.
A Cidade da Cultura de Galicia reivindica na exposición 'Outras historias posibles' a obra de seis artistas contemporáneas vinculadas a Galicia que despuntaron nos anos 80 do pasado século. A mostra, que abrirá a súas portas no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a finais deste mes de maio, reúne unha ampla escolma dos traballos de Ana GarcÃa Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré co obxectivo de celebrar o seu talento e contextualizar a súa obra, atendendo tanto ás influencias do contexto histórico como aos eventos da vida privada que determinaron o seu devir artÃstico.
Notas
Representantes dunha trintena de universidades españolas déronse cita en Vigo para avanzar na protección dos dereitos e no compromiso coa diversidade cultural, sexual e de xénero. Fixérono no cuarto encontro da Red de Universidades pola Diversidade, o órgano de representación das universidades españolas en diversidade sexual e de xénero (orientación sexual, diversidade corporal, afectiva, identidade de xénero e expresión de xénero) e diversidade por procedencia, cultura, crenza e afÃns.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altÃsima calidade da súa obra, asà como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba SarrionandÃa (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.