Notas de prensa

Santiago acolle este domingo a carreira 'Os 10.000 peregrinos da Deputación da Coruña' coa presencia de grandes referentes do atletismo a nivel internacional

O acto tivo lugar esta mañá na Praza do Obradoiro, no que participaron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a deputada provincial de Deportes, Cristina Capelán, a concelleira de Deportes de Santiago, Esther Pedrosa, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín e o padriño da carreira, Juan Carlos Higuero.

A Deputación da Coruña presentou no día de hoxe a proba “Os 10.000 peregrinos da Deputación da Coruña”, que organiza xunto co Concello de Santiago de Santiago de Compostela.
O evento deportivo, que terá lugar o domingo, constará de varias probas; unha carreira 10 e 5 quilómetros, homologadas pola Real Federación Española de Atletismo; unha de dous quilómetros en ruta; e unha andaina de cinco quilómetros en ruta.

A distancia estrela será a carreira de 10 quilómetros, que contará coa participación de grandes atletas españois de carácter internacional como Adrián Ben, Tariku Novales, Daniel Arce, Fernando Carrol, Irene Sánchez-Escribano, Cristina Ruíz e Esther Navarrete.

Formoso destaca a “forte aposta tando da Deputación da Coruña como do Concello de Santiago por esta proba de atletismo en ruta, consensuada coas federacións, tando galega como nacional, e que vai a contar con miles de participantes e todos os servizos para atender aos deportistas”.

O presidente provincial fixo fincapé na presencia de “atletas de renome no ámbito do atletismo como Adrián Ben, Irene Sánchez-Escribano, Esther Navarrete, Daniel Arce ou Fernando Carro, que son referencias no ámbito das carreiras en ruta e que servirán de exemplo para todas as persoas maiores de 12 ano que este domingo van a desfrutar do percorrido por Santiago”.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, quixo agradecer “á Deputación da Coruña, á Federación Galega de Atletismo e a todos os que fan posible esta proba o seu labor para sacar este evento adiante, que serve para fomentar o deporte en Santiago de Compostela ao mesmo tempo que se fai unha homenaxe aos peregrinos”.

O rexedor quixo destacar o amplo rango de idades que participará este domingo na carreira, “xa que poden participar persoas desde os 12 anos ata xente nada antes do ano 62, fomenando a participación de todos os públicos”.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, celebra “o gran éxito de participación desta proba, que agardamos que este domingo poidan gozar da carreira”.

Para o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, “é un pracer ver como a través de sinerxias entre as diferentes administracións conséguense celebrar esta clase de eventos, que redundan no beneficio de todos os afeccionados do deporte”.

En palabras de Juan Carlos Higuero, “é un verdadeiro luxo poder ser o padriño dunha proba coma esta, que se atopa nun marco incomparable, e cunha meta cun significado tan especial como a Catedral de Santiago, un dos monumentos máis representativos a nivel mundial, e por onde cada día pasan miles de peregrinos”.

“A nivel competitivo, que tres atletas olímpicos participen na carreira do vindeiro domingo xa o di todo sobre a súa imporancia, que agardamos que sexa un evento duradeiro e que alcande un gran éxito no futuro” engadiu o corredor.

“Quero darlle as grazas á Deputación da Coruña polo seu esforzo para realizar este evento e tantos outros na zona, coa que colaboraremos proximanente para asinar un convenio de circuito de carreiras Deputación da Coruña na provincia con máis de 35 probas” engadiu Sanmartín.

O obxectivo desta carreira é impulsar este deporte na provincia, creando unha proba de referencia no atletismo provincial e autonómico, dándolle a oportunidade a toda a poboación, independentemente da súa idade, de participar nunha proba única na provincia da Coruña, cun percorrido único.

A saída para cada unha das distancias será desde a rúa San Francisco e a meta estará ubicada na Praza do Obradoiro.

Deputación da Coruña, 2023-04-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES