Un equipo de investigadoras da UDC publica o primeiro estudo sobre ecosistemas de innovación social en España
O equipo investigador da UDC, composto polas profesoras Marta Rey GarcÃa, como investigadora principal, Vanessa Mato Santiso e Noelia Salido Andrés, e a estudante de Doutoramento Violeta Bouzada Novoa vén de publicar o libro 'Construyendo ecosistemas de innovación social. La contribución del Tercer Sector de Acción Social a una transición digital y ecológica justa en España'.
Trátase do principal resultado dun proxecto de investigación realizado para a Plataforma de ONG de Acción Social grazas ao financiamento do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 en colaboración con Fresno Servicios Sociais.
O estudo consta de dúas partes diferenciadas. En primeiro lugar, o “estado da arte” en canto ás tendencias e os retos do terceiro sector de acción social en España en perspectiva internacional, especialmente europea. En segundo lugar, tres casos prácticos nos que se analizan as contribucións do terceiro sector á construción de ecosistemas de innovación social en colaboración con empresas, administracións públicas e sociedade civil. Cada caso está dedicado a unha temática diferenciada como innovación social de base tecnolóxica en apoio á vida independente, ecosistemas de emprego inclusivo e servizos circulares e canalización e capacitación do talento dixital da cidadanÃa.
Para cada unha das temáticas analÃzase o contorno especÃfico, mapéanse os actores que participan no ecosistema e as súas interaccións, identifÃcanse e analizan as respostas do terceiro sector máis innovadoras, propóñense vÃas para aproveitar oportunidades e mitigar riscos e apúntanse liñas de acción para unha nova axenda social en España.
Tanto o libro como o resumo executivo conxunto poden descargarse no apartado de “Barómetro do Terceiro Sector de Acción Social” da web da Plataforma de ONG de Acción Social: https://www.plataformaong.org/barometro-2022-tercer-sector.php
Universidade da Coruña, 2023-03-09
Actualidad
Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorÃas. Os tÃtulos seleccionados na categorÃa Infantil foron Caderno de cores e cancións, de MagÃn Blanco e Sonia GarcÃa, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categorÃa distinguiuse A pulga espacial de Xabier DomÃnguez e Alba de Evan.
A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.
Notas
O próximo dÃa 8 de maio terá lugar no XardÃn das Pedras que falan (xardÃn traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.