Notas de prensa

O Concello da Coruña presenta o seu novo Observatorio Turístico

A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá o Observatorio Turístico da Coruña, unha ferramenta que permitirá analizar os datos relacionados con fluxos turísticos na cidade. Esta iniciativa, pioneira en Galicia estase a levar a cabo na actualidade polo Concello, a través do Consorcio de Turismo e Congresos e coa colaboración da UDC e a Fundación Universidade da Coruña (FUAC).

Un equipo de investigación formado polos profesores Iria Caamaño, Eduardo Guillén Solórzano e Manuel Martínez está a estudar diferentes indicadores para o seguimento da información turística da cidade. Na presentación tamén interveu o secretario xeral da UDC, Carlos Aymerich.

A creación dun Observatorio Turístico proporciona aos axentes turísticos da cidade a posibilidade de ter acceso aos principais datos sobre a dinámica e o impacto turístico na cidade nunha única plataforma e en tempo real. Estes datos poderanse compartir cos axentes do sector para a toma de decisións en cada momento do ano, precisando con máis eficacia as accións que cada un poida desenvolver.

“Desde o Concello apostamos decididamente por un turismo de calidade para amosarlle ao mundo por que A Coruña é unha cidade diferente, que deixa pegada en todo aquel que a visita”, sinalou Inés Rey. Este Observatorio, o primeiro creado en Galicia, permitirá a realización de estudos analíticos e de predición das dinámicas turísticas no destino e facer un seguimento da relación entre a poboación local e a actividade turística, contribuíndo así a unha mellor planificación das estratexias municipais. Ademais, levarase a cabo unha medición da pegada de carbono en grandes eventos da cidade, apostando polo turismo sostible.

Os primeiros datos, recollidos durante o mes de febreiro, obtivéronse a través de enquisas e outras fontes primarias que permiten coñecer o perfil do visitante que se atopa en cada momento na cidade e actuar en consecuencia. As valoracións dos visitantes en diferentes aspectos da cidade cambian ao longo do ano. Coñecer en cada momento estas variacións é unha vantaxe na toma de decisións e creación de produto.

“O turismo é un dos eixes da nosa acción de goberno durante os últimos anos. A Coruña é hoxe unha das grandes potencias do sector, por exemplo, en turismo de congresos e eventos”, sinalou Inés Rey. O obxectivo final deste proceso investigador é a creación dunha plataforma que aglutine todos os datos estudados e que estará a disposición dos axentes económicos e das distintas áreas da administración municipal proximamente.

Universidade da Coruña, 2023-03-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES