Notas de prensa

A USC coordina unha rede europea de innovación de modelos de negocio agroforestal co proxecto AF4EU

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC coordina unha rede europea de innovación de modelos de negocio agroforestal ao abeiro do proxecto AF4EU, un programa Horizonte Europa coordinado pola catedrática do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC, Rosa Mosquera e dotado con 2.996.460 euros de financiamento, que centrará a súa actividade ata decembro de 2025 no estudo das cadeas de subministración e na análise da trazabilidade ambiental das producións agroforestais europeas.

O obxectivo xeral de AF4EU é a promoción de prácticas agroforestais óptimas a través do desenvolvemento dunha rede amplia e interactiva, impulsada pola innovación e que responda aos intereses de todos os axentes implicados. Esta rede ou plataforma internacional colaborativa basearase no intercambio de experiencias prácticas exitosas e coñecementos de investigación existentes. Os distintos axentes poderán estar conectados a través de Ferramentas TIC, con especial atención ao desenvolvemento e implementación de novas prácticas rendibles, modelos de negocio e servizos..., nos que se contempla toda a cadea alimentaria, na que se inclúen os consumidores.

A catedrática da USC e coordinadora deste proxecto europeo, Rosa Mosquera, reiterou este xoves diante dos preto de 30 participantes reunidos no edificio Cactus do Campus de Lugo, que a pretensión última do programa AF4EU pasa por promover e ampliar o frutífero sistema e metodoloxía establecidos no marco do proxecto H2020 AFINET. Daquela, engadiu Mosquera, este novo proxecto internacional permitirá recoller o coñecemento e boas prácticas existentes en distintas rexións bioxeográficas de Europa para poñelas a disposición dos usuarios finais coma agricultores, silvicultores, asesores e lexisladores a través de vídeos, fichas e outro tipo de formatos facilmente comprensibles.

Para facilitar o intercambio de coñecemento, as 11 Redes Rexionais de Innovación en Sistemas Agroforestais (RAINs) de 10 países europeos implicadas nesta iniciativa, formaranse co obxecto de incluír agricultores, investigadores, técnicos, asociacións profesionais, pequenas e medianas empresas (PEMES), consultores e administracións. As RAINs, subliña Rosa Mosquera, permitirán identificar as problemáticas asociadas aos sistemas agroforestais e intercambiar potenciais solucións e información, que, a través das redes temáticas, permitirán dar resposta a necesidades reais.

Alén de actuar como coordinadora xeral do proxecto AF4EU, cuxo prazo de execución se prolongará durante 36 meses, a ata finais de 2025, a tamén investigadora do grupo Sistemas Silvopastorais (Silvopast) da EPS de Enxeñaría da USC, tamén liderará en Galicia a Rede Rexional de Innovación en Sistemas Agroforestais na que participa de xeito activo a cooperativa A Carqueixa, con sede nos Ancares de Lugo.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2023-01-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (al-majisti-festival.jpg) O festival Al–Majisti' vaise desenvolver os vindeiros 17,18 e 19 de maio neste concello da alta montaña galega. Trátase dun certame literario no rural de Galicia que propón un diálogo entre literatura, astronomía e música, con afán de converterse nunha das citas culturais máis importantes da provincia. O nome 'Al–Majisti' é o topónimo árabe traducido como 'o máis grande, o grande tratado' e empregado polos astrónomos ata a Alta Idade Media, incluídos os navegantes dos descubrimentos; por iso o festival ten a súa partida en dúas grandes estrelas da cultura astronómica, Claudio Ptolomeo e Afonso X O Sabio.
Foto de la tercera plana (20240509-uvigo.jpg) Catro traballos que versan sobre a liberdade vixiada, a crise dos pellets, a ocupación de vivendas e a intelixencia artificial foron galardoados este xoves co III Premio Xurídico de Investigación en lingua galega Xosé Luís Franco. Os catro gañadores, dúas estudantes da Universidade de Vigo, un de Santiago de Compostela e outra da Coruña, déronse a coñecer este xoves na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, impulsora destes premios, no transcurso dun acto co gallo do Día das Letras Galegas.

Notas

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi. Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott, xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juaristi e Ruper Ordorika.
Galiciencia, a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, estase a desenvolver ata o venres no Parque Tecnolóxico de Galicia, baixo o lema 'Mellor, de Madeira'. A finalidade desta proposta é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES