Notas de prensa

A aceleradora de proxectos innovadores ViaGalicia busca talento emprendedor no Campus Terra da USC

A aceleradora de proxectos innovadores invertibles ViaGalica, promovida pola Xunta de Galicia xunto coa Zona Franca de Vigo, busca talento emprendedor no Campus Terra da USC, onde o vindeiro martes 24 de xaneiro presentará, a partir das 11.00 horas, no edificio Cactus, a sétima edición do seu programa de validación, maduración e posta en marcha de ideas emprendedoras.

A delegada do reitor da USC para o Campus Terra, Elvira López Mosquera, presentará as novidades desta nova edición de ViaGalicia, unha aceleradora pública que procura proxectos rendibles que favorezan a creación de novas empresas que diversifiquen o tecido empresarial en Galicia, ademais de modernizar e dinamizar sectores estratéxicos capaces de crear emprego, atraer e reter talento.

A nova edición de ViaGalicia, un programa de alto rendimiento que mestura, baixo a supervisión dun equipo de expertos, formación, titorización, asesoramiento especializado, mentoring, espazo de traballo e liñas de financiamento, contará con sede propia na sede universitaria luguesa, onde xa agromaron iniciativas emprendedoras de éxito apoiadas por Vía Galicia tales como Innogando, 3edata ou Legalmit.

O Ceo de Innogando, Elio López, será outro dos relatores que participen o martes na presentación desta nova convocatoria de ViaGalicia, unha incubadora de emprendemento aberta a todo tipo de iniciativas de carácter innovador, xa sexan produtos ou servizos, procesos ou calquera outro modelo de negocio.

A sesión de presentación desta nova edición de ViaGalicia rematará cun café-networking. As persoas interesadas en participar nesta sesión poden confirmar a súa asistencia a través do enderezo de correo electrónico viagalicia@zonafrancavigo.com.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2023-01-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ángel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES