Notas de prensa

Camiñando por Paradela: Camiño Vello de Aldosende

Dentro da programación do bicentenario de Paradela, o domingo, 6 de novembro, vaise celebrar o encontro coa natureza CAMIÑANDO POR PARADELA, que o Concello organiza coa colaboración do grupo ACIVRO. Percorrerase o Camiño Vello de Aldosende, desde o Mirador de Cabodevila, preto do Río Loio, ata a parroquia de Aldosende. É un Camiño xa coñecido polos vinculados ao sendeirismo e turismo de montaña, que especialemente nas fins de semana recibe a numerosos camiñantes de todo Galicia.

Dentro da programación do bicentenario de Paradela, o domingo, 6 de novembro, vaise celebrar o encontro coa natureza CAMIÑANDO POR PARADELA, que o Concello organiza coa colaboración do grupo ACIVRO.

Acivro é un Club excursionista presidido por Alejandro González Arias, creado en Lugo no 2006, formado por membros que gustan da natureza e camiñando por ela fomentan o respecto pola biodiversidade e disfrutan de ambientes e itinerarios incribles. Un destes itinerarios é o CAMIÑO VELLO DE ALDOSENDE, no Concello de Paradela, promovido polo Concello e do que Acivro é o maior defensor.

Este domingo percorrerase o Camiño Vello de Aldosende, desde o Mirador de Cabodevila, preto do Río Loio, ata a parroquia de Aldosende. É un Camiño xa coñecido polos vinculados ao sendeirismo e turismo de montaña, que especialemente nas fins de semana recibe a numerosos camiñantes de todo Galicia. Para o percorrido calcúlase un tempo aproximado de 3 h.30 min.

A ruta iniciarase ás 10,00 h. desde o Mirador de Cabodevila, para rematar a camiñada arredor das 13,30 h. à chegada a Aldosende, o Concello de Paradela ofrecerá un refrixerio aos participantes, e trasladará aos camiñantes en autobús ata o punto de partida. Está prevista a participación de 72 persoas.

Concello de Paradela, 2022-11-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES