Notas de prensa

Unha xornada organizada pola UDC resalta as capacidades investigadoras de Galicia na transición dixital da cultura e o patrimonio

O encontro, organizado polo Campus Innova da Universidade da Coruña, en colaboración da Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE) e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas e Culturais (CISPAC), reuniu a un amplo grupo de investigadores das tres universidades galegas, así como aos directores do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC e do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

A transición dixital na cultura e o patrimonio centrou a xornada “Cultura Dixital: capacidades, retos e oportunidades no Sistema Ciencia-Tecnoloxía de Galicia” celebrada no auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

O encontro, organizado polo Campus Innova da Universidade da Coruña, en colaboración da Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE) e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas e Culturais (CISPAC), reuniu a un amplo grupo de investigadores das tres universidades galegas, así como aos directores do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC e do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Ao longo da mañá, presentáronse as liñas de investigación e proxectos relacionados coa transición dixital na cultura e o patrimonio nos que se están a traballar nos principais centros de investigación de Galicia.

Así mesmo, a xornada contou na súa conferencia inaugural coa participación de Sander Münster, profesor de Humanidades Dixitais na Universidad Friedrich Schiller de Jena (Alemaña). Sander Münster afondou sobre as tendencias e desafíos actuais do emprego das tecnoloxías 3D para a investigación e a educación en humanidades e presentou as perspectivas de investigación e as actividades da máquina do tempo da Unión Europea e os proxectos anteriores e en curso da súa cátedra.

O encontro puxo de relevo as capacidades do sistema Ciencia-Tecnoloxía de Galicia en temas como os videoxogos, a lingua, a cartografía, a visualización de datos ou a historia contemporánea, entre moitos outros, e afondou na identificación dos retos e oportunidades aos que facer fronte.

O encontro foi clausurado polo reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso; o vicerreitor de Política Científica da Universidade de Santiago de Compostela, Vicente Pérez Muñuzuri; a directora da Ãrea de Administración Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), María José García Sexto; e o secretario xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, José Alberto Díez de Castro.

Universidade de Santiago de Compostela, 2022-04-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES