Notas de prensa

Galicia estreita lazos coa Bretaña Francesa para impulsar a economía azul e defender os intereses do sector marítimo-pesqueiro

O Foro de Rexións Costeiras (enmarcado no cumio One Ocean, que se celebra en Brest entre o mércores e venres baixo o patrocinio da Presidencia francesa da Unión Europea) será inaugurado polo presidente da rexión de Bretaña, Loïg Chenais-Girard, e contará cunha primeira parte centrada na mellora das políticas marítimas da Unión Europea avaliando a gobernanza multinivel e o enfoque das concas marítimas.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participará este venres no Foro de Rexións Costeiras organizado pola Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) e a rexión francesa de Bretaña no que se avaliarán posibles melloras das políticas marítimas en Europa. A representante da Xunta aproveitará a súa participación neste evento -enmarcado no cumio One Ocean, que se celebra en Brest entre o mércores e venres baixo o patrocinio da Presidencia francesa da Unión Europea- para afianzar os lazos coa Bretaña francesa e establecer estratexias conxuntas en materia de planificación marítimo-pesqueira centrándose especialmente no desenvolvemento da Economía Azul e na revisión da Política Pesqueira Común (PPC).

Neste contexto, a titular de Mar manterá distintos encontros coas autoridades da Bretaña francesa para reforzar as vías de colaboración entre estas dúas rexións que contan cun importante sector marítimo-pesqueiro. De feito, esta rexión gala é a segunda área pesqueira en importancia da Unión Europea tras Galicia despois de que Escocia abandonase o grupo comunitario como consecuencia do brexit.

A conselleira abordará asuntos de interese en materia pesqueira coincidentes para as dúas rexións como a remuda xeracional, o uso de fondos europeos ou o acceso a augas británicas, entre outros, e fará fincapé na importancia de avanzar no desenvolvemento da Economía Azul e de que na revisión da PPC se teñen en conta as propostas realizadas polas rexións europeas máis dependentes da pesca.

No marco deses encontros, Rosa Quintana visitará o porto de Brest e a súa sala de poxas ao tempo que se reunirá cos representantes do Comité de Pesca de Finistère -a entidade asociativa do sector pesqueiro local- e con autoridades locais como o vicepresidente para Asuntos Marítimos de Bretaña, Daniel Cueff, a conselleira rexional de Pesqueiras e presidenta do Consello Económico local, Gael Le Meur, e o presidente de Bretaña, Loïg Chesnais-Girard.

Estes contactos darán continuidade aos mantidos nos últimos meses e serán previos aos previstos ata maio, mes no que se celebrará en Galicia a convención de rexións -organizada pola Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas- para poñer en común a postura ante a revisión da PPC.

Foro de Rexións Costeiras

O Foro de Rexións Costeiras será inaugurado polo presidente da rexión de Bretaña, Loïg Chenais-Girard, e contará cunha primeira parte centrada na mellora das políticas marítimas da Unión Europea avaliando a gobernanza multinivel e o enfoque das concas marítimas. Neste bloque de debate, moderado polo secretario xeral da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas, Eleni Marianu, participarán o comisario europeo de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkevicius, o presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Pierre Karleskind, o ministro francés de Asuntos Exteriores, Jea-Yves Le Drien, o presidente da CRPM e ministro rexional da provincia de Noord-Holland, Cees Loggen, e o presidente da comisión do Arco Atlántico e do Goberno do País Vasco, Ãñigo Urkullu.

No segundo bloque do encontro, unha mesa redonda das rexións membros da CRPM na que participará a conselleira do Mar, debaterase sobre o financiamento da economía azul sustentable nas rexións marítimas periféricas da Unión Europea. Esta parte estará moderada polo director executivo da CRPM, Nicolas Brookes, e, ademais de Rosa Quintana, participarán a vicepresidenta de Transporte da CRPM e conselleira do Goberno de Murcia, Valle Miguélez, o vicepresidente de Asuntos Marítimos da CRPM e ministro rexional de Creta, o presidente da rexión de Reunión, Huguette Bello, a ministra de Cultura e Medio Ambiente da Polinesia Francesa, Heremoana Maamaatuaiahutapu, e o ministro de Medio Ambiente e Colectividade de San Martín, Pascale Alix-Laborde.

Despois desta mesa de debate intervirán varios eurodeputados para expoñer o seu punto de vista de xeito previo á presentación das conclusións por parte do presidente da CRPM e ministro rexional da provincia de Noord-Holland, Cees Loggen.

Foro de Rexións Costeiras, 2022-02-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (bus.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou que o Consello aprobou hoxe a Estratexia galega de Mobilidade, a folla de ruta a seguir ata 2050 para 'garantir uns desprazamentos máis sostibles, seguros e funcionais' que estará dotada de 420 millóns de euros para implantar 'un centenar de medidas'. A estratexia contén un plan de acción que implica as diferentes administracións públicas, a autonómica, a estatal e a local, para facilitar os desprazamentos das persoas e mercadorías, apoiar a competitividade do territorio e transformar os patróns de mobilidade. Preséntase como un instrumento para deseñar solucións que permitan transformar o actual modelo nun máis funcional, sustentable e seguro.
Foto de la tercera plana (economia-porcentaje.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe que o Goberno galego xa adxudicou 985M€ de fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) desde a posta en marcha do plan de recuperación. Así, o Executivo autonómico autorizou a publicación de convocatorias por importe de 1.097M€ e adxudicou o 90%, o que supón 'un grado de execución moi razoable', tal e como sinalou o titular da Administración. Segundo o informe analizado hoxe na reunión do Consello, na actualidade, a suma dos recursos do MRR asignados polo Goberno central á Administración galega ascenden a 1.545 M€, o 5,8 % do distribuído entre as comunidades autónomas, o que supón menos recursos dos que corresponderían á comunidade por PIB per cápita.

Notas

A Conferencia de Reitores de Universidades Españolas desenvolve este luns e o martes no Edificio Fontán da Cidade da Cultura as súas XXI Xornadas sobre Internacionalización e Cooperación, organizadas nesta ocasión polas tres universidades públicas galegas. A xornada inaugural presidiuna o reitor da USC, Antonio López Díaz, e contou coa participación dos seus homólogos da Coruña e Vigo, Ricardo Cao Abad e Manuel Reigosa Roger, respectivamente.
Do 6 ao 10 de maio o campus de Ourense acolle a celebración do 12 Taller internacional sobre cambios e tendencias a longo prazo na atmosfera (Trends 2024). Nel participan de xeito presencial ou virtual 77 especialista de 21 países e procedentes de 51 institucións, entre elas a Nasa, o Massachusetts Institute of Technology (MIT), o National Center for Atmospheric Research dos EEUU e as academia de Ciencias de países como China, India e Chequia, ademais de España.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES