Notas de prensa

O workshop 'Hackeando o patriarcado' centrará a súa terceira edición na intelixencia artificial fronte aos machismos

A Cátedra de Feminismos 4.0, impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, celebrará o próximo 18 de novembro a terceira edición do workshop Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado, co obxectivo de manter activo un espazo de reflexión colectiva ao redor do denominado “patriarcado dixital”.

Baixo o lema Intelixencia artificial feminista fronte aos algoritmos machistas, o workshop pretende cuestionar o papel que están a desempeñar as tecnoloxías na lexitimación das fendas e nesgos de xénero, así como atender a información relevante proporcionada polo ecofeminismo ou tecnofeminismo. O programa comprende diversas intervencións e mesas redondas nas que participarán mulleres referentes no eido da intelixencia articial, aprendizaxe automática e visión artificial.

O workshop celebrarase en formato semipresencial, con sede na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e retransmisión en liña.

Maior protagonismo da intelixencia artificial feminista

Dende a organización explican que a ofensiva do neoliberalismo, aliado do patriarcado, en particular contra as mulleres, e a situación de involución ideolóxica cara a posicións de ultradereita, está a propiciar un aumento das fendas de xénero en todos os eidos. A isto hai que sumar o retroceso nos dereitos adquiridos e a ameaza sobre a natureza e as poboacións máis vulnerables. É por iso que consideran preciso reflectir o papel dos feminismos nunha nova era, na que a intelixencia artificial (IA) está adquirindo, cada vez máis, unha grande importancia no deseño do mundo en todas as ordes. Neste sentido, o workshop tratará de axudar a que a intelixencia artificial feminista adquira maior protagonismo e sexa unha ferramenta fundamental para garantir un novo mundo máis igualitario, xusto e humano.

Programa e inscrición

O seminario desenvolverase en horario de mañá e tarde. Tras a apertura, ás 10.00 horas, a cargo de Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, e Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, será a quenda de Karina Gibert, directora do centro de investigación Intelligent Data Science and Artificisl Intelligence (IDEAI- UPC), que reflexionará na súa intervención sobre a intelixencia artificial, a igualdade e a perspectiva de xénero. Ãs 11.00 horas será Lorena Fernández, directora de comunicación dixital da Universidade de Deusto e membro do grupo experto da Comisión Europea Gendered Innovations, quen presentará un relatorio titulado Soñan os androides con ovellas machistas?. Tras un descanso, Nerea Luis, enxeñeira en Intelixencia Artificial en Sngular e unha das 100 mulleres líderes en España, intervirá para falar sobre intelixencia artificial, transparencia e explicabilidade para promover modelos intelixentes feministas. A xornada pecharase cunha mesa redonda na que participarán Ona de Donestech, activista dos dereitos humanos en internet; e Paola Pozzi, coach profesional certificada por ASESCO, que abordarán as infraestruturas patricarcais de GAFAM e o ciberacoso como forma de violencia contra as mulleres, respectivamente. A directora da Unidade de Igualdade da UVigo, Ãgueda Gómez, e a deputada de Cultura e Igualdade, María Victoria Alonzo, serán as encargadas de presentar as conclusións e clausurar a sesión da mañá.

Xa pola tarde, terá lugar un Wikigap, impartido por Adrián Estévez, editor da Galipedia e socio de Wikimedia España e Portugal, que ensinará como lograr unha Wikipedia comprometida coa igualdade, mediante a visibilización do traballo das mulleres.

Inscricións

As persoas que queiran asistir presencialmente ao workshop na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, deberán confirmar previamente asistencia, de igual xeito que hai matricularse no obradoiro da tarde. O seminario poderá seguirse virtualmente a través da canle 3 de UVigoTV.

Universidade de Vigo, 2021-11-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (mitec-42-2025.jpg) A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas presentou hoxe a programación da súa 42ª edición, que se celebrará entre os días 22 de xuño e 6 de xullo no Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela, así como nas rúas e noutros espazos da vila do Morrazo, que acollerán 26 espectáculos e un nutrido programa de actividades lúdicas e sectoriais. O certame, organizado desde 1984 pola Asociación Cultural Xiria, é un dos poucos festivais de teatro europeos cuxo principal selo de identidade é a comedia, unha marca consolidada e referente da produción escénica deste xénero en calquera das súas vertentes: negra, branca, xestual, contemporánea, circense, dramática, musical e, dende hai máis dunha década, tamén na danza.
Foto de la tercera plana (musica-clasica.jpg) A praza Conde de Fontao de Foz será o enclave elixido para a actuación extraordinaria do festival o 31 de xullo con La Carroza Del Real, mentres que o destacado pianista Denis Kozhukhin abrirá oficialmente o ciclo de concertos o 12 de agosto na Fortaleza de Alfoz. O 13 de agosto a Real Filharmonía de Galicia e o Coro da Comunidade de Madrid realizarán o primeiro concerto sinfónico-coral no que interpretarán o Réquiem de Mozart na Catedral de Mondoñedo. A clausura do XII Festival Bal y Gay será co barítono galego Borja Quiza, o 21 de agosto, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, cita na que tamén participarán o pianista Javier Carmena e a mezzosoprano Andrea Rey, nunha proposta que mesturará as raíces galegas e españolas.

Notas

Afondar no papel que a evidencia científica pode e debe xogar nas decisións políticas e na implantacións de políticas públicas foi o obxectivo central da conferencia impartida pola presidenta do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Eloísa del Pino, na UVigo. Sustentar as actuacións públicas na ciencia, defendeu Del Pino, posibilita en primeiro termo 'ser eficiente cos recursos, porque sabes que é máis probable que unha política funcione, aínda que non é unha garantía de éxito'.
A Sociedade Europea de Biomateriais recoñeceu cun dos seus premios europeos de doutoramento Julia Polak 2025 a Ana Iglesias Mejuto e Miguel Pereira Silva, que realizaron a súa tese de doutoramento en iMATUS da USC. O galardón distingue persoal investigador novo que completou un doutoramento de excelencia no ámbito dos biomateriais e a enxeñería de tecidos, valorando tanto a calidade da súa investigación como a súa formación internacional.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES