Tres consellerÃas apoian a impulsión cultural do Concello de Begonte
As negociacións levadas a cabo polo rexedor fixeron posible conquerir os apoios de Vicepresidencia e Turismo e da ConsellerÃa de Medio Ambiente da Xunta de Galicia que se suman ao xa manifestado publicamente polo de Cultura e Educación, que dirixe Román RodrÃguez e ó investimento na mellora das instalacións do colexio Virxe do Corpiño de mais de 500.000 euros, xa en fase de licitación.
O alcalde de Begonte, José Ulla, acada o compromiso de Vicepresidencia e Turismo e da ConsellerÃa de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para acometer a rehabilitación do colexio de Baamonde e a construción dun auditorio ao carón do centro educativo.
As negociacións levadas a cabo polo rexedor fixeron posible conquerir os apoios destes dous departamentos do Goberno galego que se suman ao xa manifestado publicamente polo de Cultura e Educación, que dirixe Román RodrÃguez e ó investimento na mellora das instalacións do colexio Virxe do Corpiño de mais de 500.000 euros, xa en fase de licitación.
Este compromiso manifestado na reunión mantida a tres bandas polo máximo mandatario municipal, o vicepresidente Alfonso Rueda e a conselleira de Medio Ambiente, Ãngeles Vázquez, traducirase nun convenio que determinará o financiamento e o desenvolvemento do proxecto. A sinatura producirase nos vindeiros dÃas.
José Ulla agradece a colaboración do vicepresidente e dos dous conselleiros pois, sinala, “permitirá que contemos con novas instalacións educativas e, por tanto, aumentar a oferta formativa que ofrecemos na actualidade”. Concretamente, o antigo centro albergará unha escola de música e nas súas inmediacións construirase un auditorio que completará de xeito paralelo a formación que se imparta na escola. Ó mesmo tempo dito auditorio enclavado na localidade de Baamonde, lugar de paso e final de etapa do Camiño Norte de Santiago, permitirá establecer una programación periódica de actividades culturais da que poderán desfrutar vecinos e peregrinos.
Do mesmo xeito que se potencia e reforza a educación e a cultura , pretendemos impulsar o turismo en todo o territorio Municipal e especialmente na parroquia de Baamonde con unhas infraestruturas que se suman a Casa Museo de Victor Corral, a Igrexa de Santiago , o clube fluvial , as rutas de sendeirismo etc
Trátase dun proxecto que o propio alcalde define como “integrador e potenciador da Educación e a Cultura e nos situará como un referente na formación musical da comarca”. En total, a Xunta de Galicia, a través dos departamentos citados, e o Concello achegarán a esta iniciativa 1 millón de euros.
Concello de Begonte, 2021-06-11
Actualidad
Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorÃas. Os tÃtulos seleccionados na categorÃa Infantil foron Caderno de cores e cancións, de MagÃn Blanco e Sonia GarcÃa, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categorÃa distinguiuse A pulga espacial de Xabier DomÃnguez e Alba de Evan.
A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.
Notas
O próximo dÃa 8 de maio terá lugar no XardÃn das Pedras que falan (xardÃn traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.