Notas de prensa

Publicada a segunda guía DXT Galego que recolle unha guía para 'volver con sentidiño' os deportes de equipo

A Xunta de Galicia vén de publicar o segundo número das Guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’ elaboradas pola Secretaría Xeral para o Deporte e expertos das tres universidades galegas que xa foi enviado a todos os clubs e federacións deportivas de Galicia e pode ser consultado na páxina web do Deporte Galego. Este segundo manual versa sobre as ‘Recomendacións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico/táctica do deportista para a súa motivación e achegamento progresivo ás esixencias do partido’.

Neste segundo documento continúase a desenvolver o consenso acadado entre o coordinador do proxecto, Rafael Martín Acero, representantes das tres universidades galegas e da Universidad Rey Juan Carlos e de Castilla La Mancha, sobre accións e suxestións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico/táctica (perceptivo motoras e cognitivas). Neste sentido, cómpre subliñar a guía para a volta ao adestramento en deportes de equipo e control do risco de contaxio por coronavirus, elaborada polo catedrático de Educación Física e Deportiva da Universidade de Vigo, Carlos Lago Peñas.

Esta devandita guía pretende dar recomendacións claras para a organización do adestramento (como deseñar as sesións, que exercicios hai que propoñer, etc.) nas distintas categorías (iniciación, mozos e adultos). Estes consellos están encamiñados a aumentar a adaptación progresiva do deportista ao que lle esixirá o partido cando se poida volver á competición. Trátase de adestrar co menor risco posible de contaxio e afastándose o menos posible da lóxica interna máis substancial de cada deporte de equipo.

A guía publicada hoxe é a segunda dunha serie que completará o documento único que contribuirá a reactivar os adestramentos e competicións das máis de 300 especialidades deportivas que se practican en Galicia e a recuperar o músculo do deporte galego, así como a plenitude física e psíquica de federacións, clubs e deportistas. A primeira delas, entregada o pasado luns, trata as ‘Recomendacións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico/táctica do deportista en busca da súa motivación progresiva para as esixencias da competición’. Proximamente será entregada a terceira, ‘Guía para a volta ao adestramento en deportes de loita/combate, controlando o risco de contaxio por coronavirus’. A cuarta e a quinta, ‘Guía para a volta a competición en deportes de equipo, con adaptacións para o risco de contaxio por coronavirus’ e ‘Guía para a volta á competición en deportes de loita/combate, con adaptacións para o risco de contaxio por coronavirus’, serán entregadas en vindeiras datas.

Guías DXT Galego

As Guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’ poñen á disposición de federacións, clubs, profesores e adestradores suxestións con base científica que permitan acelerar a volta á normalidade na práctica da actividade deportiva con toda a seguridade e cumprimento das normativas.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, entende a elaboración deste documento como un novo exemplo do traballo do Goberno galego na busca do “constante apoio e consenso en todos e cada un dos membros desta sólida sociedade da que somos responsables”. Tras un comportamento “escrupuloso” durante os tres meses que tivo vixencia o estado de alarma na nosa Comunidade Autónoma, “a Xunta de Galicia entende que neste momento, garantir a seguridade e a saúde da nosa poboación tamén pasa por recuperar a actividade deportiva”, sentencia.

Secretaría Xeral para o Deporte, 2020-07-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-ordenador.jpg) A Formación Profesional galega contará a partir do vindeiro curso co dobre de inglés do marcado como mínimo na normativa básica estatal e permitirá ao alumnado realizar ata 700 horas de formación práctica, ata un 82% máis que ata o momento. Todo isto mantendo o peso da formación no centro educativo, cuxo profesorado é o piar fundamental do éxito acadado polo sistema galego de FP nos últimos anos. O modelo de FP de éxito tense adiantado e implementado moitos dos cambios que agora o Ministerio toma como sistema a imitar en toda España. Polo tanto a aplicación da nova lei vai ser flexible, de tal forma que en Galicia se manteña a excelencia e se incorporen as novidades.
Foto de la tercera plana (tecnologia.jpg) Foi presentado o evento The Way Startup Summit 2024, que un ano máis convertirá a Vigo no maior foro de emprendemento, innovación e investimento no Noroeste de España e cita de referencia a nivel nacional. O programa de They Way contempla tres grandes escenarios ao redor da innovación, o emprendemento e o investimento, así como a organización de espazos de networking entre os asistentes, co obxectivo de que establezan contactos, intercambien coñecementos e propíciense sinerxias entre eles. The Way desenvolverase os días 9 e 10 de maio abordando temas como os retos de futuro das FinTech, da mobilidade, da alimentación, do retail, do turismo, do deporte ou do téxtil, entre outras áreas.

Notas

Desde maio de 2022, un equipo internacional liderado polo físico da UVigo Juan Antonio Añel desenvolve un proxecto financiado polo Instituto Internacional de Ciencias Espaciais sobre os impactos do cambio climático sobre a atmosfera alta do planeta, a orbitación de satélites e o lixo espacial. Esta semana, o equipo celebra na sede do ISSI, na cidade suíza de Berna, a súa segunda xuntanza, na que avalían os avances no seu traballo.
O grupo de investigación sobre Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI da UDC organiza o seminario internacional 'Trafficking in Cultural Property: A Criminological Perspective', un encontro que terá lugar o próximo 30 de abril no salón de graos da Facultade de Dereito da Coruña. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto 'Horizon Europe RITHMS' (Research, Intelligence and Technology for Heritage and Market Security).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES