Notas de prensa

Inaugurado en Santiago de Compostela o Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía

Tivo lugar hoxe a mesa inaugural do 'Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía: os municipios, pezas clave do desenvolvemento', que acolle a Escola Galega de Administración Pública - EGAP ata mañá, promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade nacida no ano 1997, produto da vontade integradora das políticas de cooperación para o desenvolvemento no ámbito da cooperación oficial descentralizada local.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na mesa inaugural do Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía: os municipios, pezas clave do desenvolvemento, que acolle a Escola Galega de Administración Pública - EGAP ata mañá, promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade co apoio da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia.

O responsable de Política Lingüística destacou “a potencialidade das entidades locais na promoción do uso do galego no ámbito da lusofonía, polo importante papel xa desempeñado por elas no proceso de normalización lingüística da lingua propia de Galicia”. Así mesmo, recordou que desde os inicios da política galega de cooperación para o desenvolvemento “a lusofonía ten sido un criterio de referencia na definición e establecemento das prioridades xeográficas” e que “canda aos ámbitos estratéxicos, a continuidade das alianzas de traballo cos países africanos de lingua oficial portuguesa (PALOP) constitúe un dos valores diferenciais da cooperación galega”.

“Un contexto que cómpre trasladar tamén á cooperación no referido á aplicación da Lei Paz-Andrade, que establece que deberán ser promovidas as relacións a todos os niveis cos países de lingua oficial portuguesa, constituíndo este un obxectivo estratéxico do Goberno galego. Galicia é punto de referencia da lusofonía. Por iso, o Goberno galego apoia a vindeira candidatura de incorporación do Estado español á Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP), que suporá un recoñecemento histórico dos vínculos existentes e maior apertura cara á intensificación das relacións en ámbitos como os lingüísticos e culturais, económicos e sociais”, concluíu.

Participaron, canda el, Juan González, presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e alcalde de Nigrán; Gumersindo Guinarte, concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo do Concello de Santiago de Compostela, e Vítor Ramalho, secretario xeral de Unión de Cidades Capitais da Lingua Portuguesa.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia e independente, que na actualidade agrupa 97 concellos e as Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra, comprometidos coa idea de cooperar en Galicia para ser máis eficaces na colaboración con terceiros países. Persegue impulsar un maior compromiso de cooperación para o desenvolvemento das entidades locais, nun marco máis estable e permanente.

O Fondo constituíuse no ano 1997, produto da vontade integradora das políticas de cooperación para o desenvolvemento no ámbito da cooperación oficial descentralizada local. Desde o ano 2000, a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, asina anualmente un convenio de colaboración co Fondo para a realización de accións de fortalecemento da propia organización e accións de sensibilización e concienciación, co obxectivo final de fortalecer a solidariedade municipalista galega.

Nese obxectivo encádrase a organización do encontro que acolle a EGAP entre hoxe e mañá e que reúne representantes políticos de sete países de lingua oficial portuguesa, coa finalidade de achegarlles as súas realidades ás diversas autoridades locais galegas que participarán nel e, ao tempo, reflexionar sobre o relevante papel dos gobernos municipais na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados pola ONU.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, 2019-11-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES