Notas de prensa

O Camiño Inglés e o tramo Fisterra-Muxía, promocionados na World Travel Market de Londres

Dende hoxe ata o mércores, a Deputación da Coruña participa en Londres na World Travel Market (WTM), unha das feiras de turismo máis importes de Europa, onde se amosan as novidades e plataformas de promoción do sector turístico. Ademais, ofrece espazos innovadores, creadores de tendencias, relacións comerciais e conferencias sobre o que está a suceder na industria turística.

Por primeira vez, a Deputación participará nesta importante feira turística cun stand propio, especialmente dedicado ao Camiño de Santiago, especificamente ao Camiño Inglés e ao Camiño Fisterra-Muxía, co obxectivo de fomentar o coñecemento dos mesmos e posibilitar que maior numero de peregrinos e turistas se animen a percorrer estas rutas situadas na provincia da Coruña.

O deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, participará estes días na capital británica en diversos actos e reunións incluidas no programa do evento. Hoxe mesmo, tras a inauguración da feira, a delegación coruñesa recibiu a visita da ministra en funcións de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.

Durante esta semana, os miles de visitantes que acolle a WTM de Londres poderán coñecer material promocional da provincia e, en concreto, destes dous itinerarios xacobeos que discorren íntegramente pola provincia da Coruña. Ademáis, na feira presentarase o novo video de promoción turística do Camiño Inglés, con referencias aos 18 concellos que atravesa este itinerario xacobeo (Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago).

Por outro lado, os membros da Deputación da Coruña asistirán a un cóctel que terá lugar esta tarde na Embaixada de España no Reino Unido para todas as administracións públicas que participan na WTM e no que se presentará un novo produto turístico denominado "Art, Design & Fashion Green Spain".

Deputación da Coruña, 2019-11-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, o que supón un incremento de case un 3% respecto ao ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo conxunto desenvolvido nos últimos anos pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. Segundo os datos correspondentes ao ano 2023, en Galicia recuperáronse un total de 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de latas e outros envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Creada co obxectivo de impulsar a visibilidade dos traballos das creadoras e creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtametraxes para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na Facultade de Comunicación. As curtas dos estudantes de Comunicación Audiovisual Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
O proxecto Caxato (‘Camiño de Santiago: camiño de intercambio e de aprendizaxe cultural europea’) pretende que persoas maiores de 50 anos sexan protagonistas da súa propia experiencia formativa, potenciando a adquisición de competencias culturais e artísticas, sociais (soft skills), dixitais e de sustentabilidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES