Notas de prensa

Bonito de Burela, pementos de Mougán e castaña de Galicia nas Exaltacións Gastronómicas de agosto en Lugo

Estas xornadas gastronómicas realízanse todos os meses exaltando diferentes produtos da provincia. Cada unha ten unha duración de 10 días, comezando en venres e estendéndose ata o último domingo de cada mes. A derradeira xornada do 2019 será en novembro. Os locais de hostalería participantes incluirán nas súas cartas pratos que conteñan os alimentos seleccionados en cada mes.

A Deputada da Ãrea de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, Cheché Real, presentaron este mércores, nos xardíns do Pazo de San Marcos, as xornadas Exaltacións Gastronómicas...E Para Comer Lugo do mes de agosto. As degustacións gastronómicas terán lugar, dende este venres ao 25 deste mes, en 50 establecementos de hostalería de 23 concellos da provincia. Estes restaurantes introducirán nos seus menús o bonito de Burela, os pementos de Mougán e a castaña de Galicia, cociñados baixo diferentes estilos.

García Porto destacou que “desde o mes de abril e ata o vindeiro mes de novembro impulsamos, desde a Deputación de Lugo e da man de APEHL, este proxecto co fin de continuar fomentando o turismo gastronómico na provincia. Nesta liña, a través desta programación, poñemos en valor a excelente calidade dos produtos gastronómicos da nosa provincia a través da degustación de produtos acreditados cos selos de calidade como son a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) ou Denominación de Orixe (DOP)”.

Co programa Exaltacións Gastronómicas, a Deputación continúa apostando pola promoción dos produtos autóctonos de calidade como clave para a reactivación da economía da provincia. Neste senso, este mes de agosto, ademais do bonito de Burela e os pementos de Mougán, exáltase tamén a castaña de Galicia, un produto que grazas a un proceso de transformación e conservación é posible consumilo durante todo o ano e pode empregarse en multitude de receitas de cociña.

Calendario de Exaltacións Gastronómicas

Estas xornadas gastronómicas realízanse todos os meses exaltando diferentes produtos da provincia. Cada unha ten unha duración de 10 días, comezando en venres e estendéndose ata o último domingo de cada mes. A derradeira xornada do 2019 será en novembro. Os locais de hostalería participantes incluirán nas súas cartas pratos que conteñan os alimentos seleccionados en cada mes. Na páxina web da Deputación www.deputacionlugo.gal e en www.eparacomerlugo.com pódese consultar os restaurantes participantes, as datas e os produtos que se exaltan cada mes.

Bonito, Pementos de Mougán e Castañas

Na provincia de Lugo, a Festa do Bonito de Burela acaba de ser declarada de Interese Turístico Nacional, un recoñecemento que revela a importancia económica, social e turística que ten a captura deste produto para a provincia. A de Burela é a principal lonxa de Galicia en comercializar este peixe converténdose durante estes meses na capital galega do bonito do norte.

Pola súa banda, o Concello lucense de Guntín, é o maior produtor dos pementos de Mougán e o lugar onde se sitúa a sede da súa Indicación Xeográfica Protexida. Entre 5 e 6 hectáreas dedícanse a este cultivo autóctono principalmente ao aire libre. Só o 30% prodúcese en invernadoiros.

En canto ao sector das castañas, en Galicia comercialízanse entre 15.000 e 20.000 toneladas cada ano, en función da tempada. Isto supón un volume de negocio de entre 30 e 45 millóns de euros ao ano para o sector produtor, que se eleva a máis de 100 millóns de euros no sector transformador e comercializador.

Deputación de Lugo, 2019-08-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, o que supón un incremento de case un 3% respecto ao ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo conxunto desenvolvido nos últimos anos pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. Segundo os datos correspondentes ao ano 2023, en Galicia recuperáronse un total de 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de latas e outros envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

Creada co obxectivo de impulsar a visibilidade dos traballos das creadoras e creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtametraxes para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na Facultade de Comunicación. As curtas dos estudantes de Comunicación Audiovisual Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
O proxecto Caxato (‘Camiño de Santiago: camiño de intercambio e de aprendizaxe cultural europea’) pretende que persoas maiores de 50 anos sexan protagonistas da súa propia experiencia formativa, potenciando a adquisición de competencias culturais e artísticas, sociais (soft skills), dixitais e de sustentabilidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES