Notas de prensa

A USC e a Universidade de Södertörn co organizan un taller internacional sobre a pesca de pequena escala

A USC organiza na localidade de Carril o obradoiro internacional ‘Co-construíndo Futuros Sustentables para a Pesca de Pequena Escala’. Co organizado conxuntamente coa Universidade de Södertörn (Suecia), este é un encontro que pretende analizar a importancia socio-económica e cultural da pesca de pequena escala, abordando a súa contribución ao benestar das comunidades locais e a busca de futuros sustentables.

No seu desenvolvemento están convocados profesionais da pesca e do marisqueo así como persoal científico de catro continentes. O evento está organizado polos docentes Gloria Gallardo Fernández e Sebastián Villasante.

Este taller pecha un proxecto de investigación desenvolvido por un grupo transdisciplinar de investigadores procedentes de Chile, Sudáfrica, Vietnam e Suecia. Baixo a denominación JUSTMAR, esta colaboración internacional comezou en 2014 financiada inicialmente polo International Social Science Council e posteriormente polo Swedish Research Council. Durante os últimos catro anos o grupo analizou a situación da pesca a pequena escala en Chile, Sudáfrica e Vietnam, en diálogo directo con profesionais da pesca, identificando as múltiples ameazas que enfrontan e entre as que se atopa a globalización dos mercados pesqueiros e os efectos da pesca industrial.

Como explica o profesor da USC Sebastián Villasante, a principal conclusión do estudo pon de releve que a pesca de pequena escala atópase nunha situación de crecente vulnerabilidade, a pesar de que contribúe ao 66% dos consumo humano directo global e de que constitúe unha actividade clave para o sostemento das comunidades costeiras. Segundo datos da FAO, preto de 40 millóns de persoas no mundo traballan neste subsector pesqueiro, o que representa un 90% de todos os pescadores/as. Ademais practicamente a totalidade destas persoas viven en países en vías de desenvolvemento e destas aproximadamente 6 millóns de pescadores/as gañan menos de 1 dólar norteamericano ao día.

Como engade Sebastián Villasante, estas cifras xustifican a importancia de xerar espazos de debate como o taller que se celebra este días en Carril e no que se darán cita profesionais de países en vías de desenvolvemento coas seus homólogos galegos. A través do coñecemento científico e o coñecemento tradicional de profesionais da pesca e o marisqueo, se analizarán e co-construirán solucións conxuntas e creativas para responder a unha realidade complexa que require dun achegamento multidisciplinar baseado na cooperación. Cunha elevada participación de mulleres dedicadas á pesca de pequena escala, a recolección de algas e o marisqueo, o taller pretende ser tamén un lugar para o recoñecemento, visibilidade e posta en valor do traballo realizado pola muller que, na maioría dos casos, enfrontan desigualdades en termos de acceso a recursos, servicios, oportunidades de emprego ou participación na toma de decisións, entre outras.

Universidade de Santiago de Compostela, 2019-07-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES