Notas de prensa

A iniciativa 'Camiño da reciclaxe' chega ó Camiño Inglés, e xa suma máis de 200 albergues colaboradores

Presentouse a cuarta edición desta campaña de concienciación e sensibilización que ten por finalidade, impulsar a cultura da separación de residuos de envases lixeiros e papel-cartón para a súa reciclaxe, é dicir, fomentar o coidado da contorna, do medio natural e da biodiversidade. Trátase dunha iniciativa que se leva a cabo nos meses nos que se concentra o maior número de peregrinos, de xuño a outubro.

A Xunta de Galicia leva á ruta inglesa a iniciativa Camiño da reciclaxe, que xa suma máis de 220 albergues participantes localizados ao longo dos distintos itinerarios do Camiño de Santiago.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ãngeles Vázquez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron esta mañá a cuarta edición desta campaña de concienciación e sensibilización que ten por finalidade, impulsar a cultura da separación de residuos de envases lixeiros e papel-cartón para a súa reciclaxe, é dicir, fomentar o coidado da contorna, do medio natural e da biodiversidade.

Trátase dunha iniciativa que se leva a cabo nos meses nos que se concentra o maior número de peregrinos, de xuño a outubro, co fin de aproveitar o potencial que ofrecen os máis de 220 albergues participantes presentes nos distintos itinerarios do Camiño de Santiago.

A conselleira salientou que esta iniciativa foi obtendo mellores resultados cada ano, tal e como demostran os resultados de cada edición, polo que parte do éxito desta iniciativa responde á colaboración dos albergues, ao esforzo dos peregrinos e ao traballo de Ecoembes e o Goberno galego que achegan contedores de reciclaxe nos distintos establecementos de hospedaxe participantes. Destacou que froito deste traballo conxunto, no pasado ano recicláronse máis de 146 toneladas de envases, un 45% máis que en 2017, dos que máis de 40 toneladas procedían do contedor amarelo e máis de 105 toneladas do contedor azul.

Nese sentido, Ãngeles Vázquez invitou a multiplicar as cifras rexistradas e a aproveitar o potencial e a forza que ofrece o Camiño de Santiago, así como o esforzo realizado polos máis de 325.000 peregrinos que en 2018 chegaron a Compostela a través deste itinerario cultural e que -en boa medida- axudan a manter o Camiño limpo e en perfecto estado de mantemento.

Por último, argumentou que hai moitos pequenos xestos ao alcance de todos que contribúen ao coidado do medio ambiente e á loita contra o cambio climático, como é a boa xestión dos residuos, un pequeno xesto que permite contribuír ao establecemento dunha economía circular, que esixe da implicación de toda a poboación para que poida saír adiante.

A campaña presentada hoxe alíñase no compromiso da Xunta de Galicia por garantir a sustentabilidade na ruta xacobea, ao abeiro do Plan Director do Camiño de Santiago. Trátase da folla de ruta do Goberno galego que vela pola conservación, mantemento e divulgación da ruta xacobea e que inclúe unha das súas liñas estratéxicas á sustentabilidade na peregrinación.

Camiño da Reciclaxe, 2019-06-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros.jpg) Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. Os títulos seleccionados na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categoría distinguiuse A pulga espacial de Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Foto de la tercera plana (comunicacion.jpg) A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.

Notas

O próximo día 8 de maio terá lugar no Xardín das Pedras que falan (xardín traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES