O Ateneo de Santiago analiza os resultados electorais nunha mesa redonda
Baixo o tÃtulo “Reflexión postelectoral”, o Profesor de Ciencias PolÃticas da USC Antón Losada, o comentarista polÃtico de La Voz de Galicia Domingos Sampedro e a redactora xefa de Europa Press Beatriz Vila analizarán os resultados saÃdos das votacións do 28A ao Congreso, nun acto que estará moderado polo xornalista Fernando Salgado. Esta actividade, aberta ao público en xeral ata completar a capacidade da sala, desenvolverase ás 20 horas na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela
Como se ven facendo dende hai máis dun decenio no Ciclo Os Luns do Ateneo, esta actividade, aberta ao público en xeral ata completar a capacidade da sala, desenvolverase ás 20 horas na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela, e tamén se poderá seguir en directo a través do facebook da entidade.
Antón Losada é Doutor en Dereito pola Universidade de Santiago, Profesor de Ciencias PolÃticas dende 1998 e ten un máster en xestión pública pola Universidade Autónoma de Barcelona. Comentarista de Cadena Ser, participou en diversos parladoiros radiofónicos e escribiu artigos no xornal electrónico Xornal.com, en La Opinión e en El Periódico de Catalunya. A mediados dos anos noventa ocupou a dirección de Radiovoz en Madrid.
Domingos Sampedro realizou os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente na Universitat de Barcelona. Na actualidade é redactor de La Voz de Galicia dende 1996.
Beatriz Vila Couto é redactora parlamentaria de Europa Press dende 2007 e anteriormente traballou como redactora responsable das áreas de sanidade e sociedade na Axencia Galega de Noticias. à marxe do xornalismo, foi tamén profesora.
Ateneo de Santiago, 2019-04-26
Actualidad
Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorÃas. Os tÃtulos seleccionados na categorÃa Infantil foron Caderno de cores e cancións, de MagÃn Blanco e Sonia GarcÃa, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categorÃa distinguiuse A pulga espacial de Xabier DomÃnguez e Alba de Evan.
A Xunta publica a consulta previa para unha nova Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, que se adecúe á normativa europea e á realidade que trouxeron consigo os cambios tecnolóxicos dos últimos anos. As modificacións introducidas pola Directiva comunitaria 2018/1808, polo Regulamento comunitario 2024/1083 e pola recente Lei 13/2022 xeral de comunicación audiovisual, xunto cos avances tecnolóxicos, obrigan a reconsiderar o vixente texto legal.
Notas
O próximo dÃa 8 de maio terá lugar no XardÃn das Pedras que falan (xardÃn traseiro do Colexio de Fonseca), ás 20.00 horas e con entrada libre, a segunda edición do MilongUSC. Nesta ocasión, contará coa participación dos alumnos do curso de Danza-tango 23/24 da USC que, baixo as ensinanzas dos profesores Chusa Pérez de Vallejo e Ezequiel Merlo, amosarán o aprendido neste curso.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu a xornada 'Inclusión e deporte. O deporte como clave para intervir socialmente'. Nela reivindicouse o papel da educación social no deporte, convidando a egresadas deste centro, educadoras sociais, a expor boas prácticas desenvolvidas neste eido en diferentes entidades da cidade.