Notas de prensa

Hectómetro literario para Alfonso Blanco Torrado

Este sábado, no Paseo dos Soños de Vilalba vaise erixir o Hectómetro Literario correspondente a Alfonso Blanco Torrado, crego e promotor cultural, que desde a súa chegada de Ponteceso a Guitiriz hai máis de corenta anos, revolucionou a cultura da Terra Chá, dando vida a incontables iniciativas entre as que destaca con luz propia o Festival de Pardiñas. Intervirán persoeiros das letras e da cultura, xente de Xermolos, a alcaldesa de Guitiriz e o Alcalde de Vilalba, o gaiteiro Raul Galego e o cantautor Miro Casabella.

Este acto terá lugar ás doce, na Casa da Cultura vilalbesa. De seguido, no Paseo dos Soños vilalbés, descubrirase o seu Hectómetro Literario, obra do escultor Valdi. Finalmente, todos os participantes se reunirán nun xantar na honra do homenaxeado no Restaurante A Casilla.

Tanto na Casa da Cultura como no Paseo dos Soños e no decurso do xantar, os/as poetas que publicaron traballos no libro “Poemas para Alfonso Blanco, Pregoeiro da Luz”, leerán os seus poemas. Este libro está publicado na Biblioteca Virtual de GaliciaDigital, podendo accederse a través deste enlace.

Prégase que os que desexen asistir ao xantar o comuniquen o mais axiña posible ao tfno. 646 413 890, da Asociación Xermolos.

Asociación Cultural Xermolos - Irmandade Manuel María, 2019-02-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES