Notas de prensa

A World Trails Conference incluirá unha mostra de cine das mellores rutas culturais, ecolóxicas e de peregrinación do mundo

Unha mostra de cine ao redor das mellores rutas culturais, ecolóxicas e de peregrinación de todo o mundo completará o programa de actividades do World Trails Conference, o congreso internacional impulsado por Turismo de Galicia que reunirá a partir do vindeiro mércores 26 de setembro en Santiago de Compostela a representantes dunha selección dos mellores itinerarios dos cinco continentes.

A proxección de curtametraxes e documentais celebrarase o sábado 29 de setembro, coincidindo coa xornada de portas abertas do congreso, dirixida ao público en xeral. Ese día, tamén se poderá participar de balde no resto da programación que inclúe unha conferencia maxistral do director executivo da Organización Mundial do Turismo (OMT), Manuel Butler, así como presentacións con formato moi visual e áxil de máis de 15 itinerarios repartidos por todo o mundo. Tamén intervirá a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, cun relatorio ao redor do Camiño de Santiago e as distintas rutas existentes en Galicia.

O certame de cine incluirá a proxección de pequenas pezas audiovisuais de rutas como a Transcarioca que percorre máis de 200 km de este a oeste en Río de Janeiro; a Jordan Trail, un itinerario de sendeirismo de 450 millas no país asiático ou a Ride of the Dead, que recrea os itinerarios que se empregaban na antigüidade para conectar pobos locais e intercambiar bens en México. Tamén se proxectarán curtametraxes ao redor de rutas históricas como o Camiño de Santiago ou sendeiros de máis de 200 anos en Taiwán e roteiros de máis de 4.000 km que unen México con Canadá, entre outros.

Durante as xornadas previas, o mércores, xoves e o venres próximos, Santiago de Compostela acollerá a máis de 200 participantes de todo o mundo que coñecerán as claves de xestión dos diferentes itinerarios e poderán afondar na súa contribución cultural e económica nos destinos turísticos, áreas protexidas e espazos rurais que atravesan.

Exemplo de xestión no Camiño de Santiago

O traballo levado a cabo na ruta xacobea en Galicia centrará varios do relatorios. Ademais do Camiño de Santiago, contarase con representantes de itinerarios como os camiños Kumano Kodo, Patrimonio Mundial e irmandando co Camiño de Santiago desde hai 20 anos. Haberá, así mesmo, membros dos Camiños de Jeju Olle, en Corea do Sur, e do Great Himalaya Trails, o trazado máis largo e alto do mundo e que está situado no Nepal.

Tamén se contará coa participación de congresistas do trazado sinalizado máis antigo e longo de Canadá que permite coñecer a Escarpa do Niágara, Reserva Mundial da Biosfera da Unesco, entre outros. O congreso incluirá relatorios e mesas redondas para afondar, entre outras cuestións, na vinculación dos itinerarios e a protección da natureza, nos seus beneficios económicos para as economías rurais, na preservación do patrimonio cultural e nos valores espirituais, así como na importancia do crecemento sustentable.

A World Trails Conference está precedida por percorridos polas últimas etapas de tres itinerarios xacobeos en Galicia. Trátase de Viaxes no Camiño, nas que os delegados poden unirse a unha peregrinación no Camiño Francés, no Camiño Inglés e no Camiño Portugués.

As sesións de traballo dos días 26, 27 e 28 celebrarase no Centro Abanca Obra Social de Santiago de Compostela (praza de Cervantes, 17). A xornada de portas abertas do sábado 29 será no Auditorio Abanca (rúa do Preguntoiro, 23) A información completa do congreso pódese consultar na páxina web santiagoworldtrails2018.com.

World Trails Conference, 2018-09-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES