Notas de prensa

175 anos representando o combate entre mouros e cristiáns en Rairiz de Veiga

Rairiz de Veiga leva 175 anos a representar o combate entre mouros e cristiáns no marco da 'Romaría da Saínza' que este ano ofrecerá un completo programa de actividades para tódolos públicos. A presentación tivo lugar no Pazo Provincial de Ourense, e participaron o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade; o presidente da Asociación socio-cultural Amigos da Romaría da Saínza, Julio Domínguez; e a colaboradora do evento, Ana Belén Míguez.

O vicepresidente da Deputación de Ourense dixo que esta tradicional celebración "arraigada no calendario festivo da nosa provincia, recrea desde o ano 1840 no Concello de Rairiz de Veiga, o combate entre mouros e cristiáns, no que os veciños do municipio, ataviados cos traxes daquela época, representan este feito que atrae a numerosos visitantes tódolos anos". Así mesmo, Rosendo Fernández lembrou que se trata dun evento declarado "Festa de Interese Turístico" pola Xunta de Galicia, no ano 2000".

A alcaldesa de Rairiz de Veiga, quen explicou o programa de actividades previsto para eses días, dixo que este ano a Romaría "chega a súa 175ª edición, pois leva a celebrarse desde o ano 1840, e só se suspendeu durante os tres anos da Guerra Civil". Así mesmo, Josefa Asunción Morgade lembrou que se estima que pasan por esta tradicional celebración máis de 20.000 persoas.

Programación

O programa de actividades dará comezo o día 21 de setembro, ás 13.00 horas, coa descarga de bombas de palenque para continuar, ás 17.00 horas, cos xogos populares no campo da festa, coa representación do combate de mouros e cristiáns con monicreques. Ãs 18.30 horas será a quenda para o teatro amenizado polos nenos do municipio representando a obra "Pin-Pon" e, de seguido, ás 19.30 horas, serán as mulleres do concello as protagonistas da obra de teatro "Rúa da tranquilidade". Ãs 21.00 horas será o espectáculo de humor e maxia internacional e, desde ás 23.30 horas, haberá actuacións musicais.

Ao día seguinte, o sábado 22 de setembro, ás 12.30 horas será a III quedade de músicos tradicionais da Romaría da Saínza 2018 no campo da festa. Pola tarde, ás 18.00 horas será a VII edición de "O meu primeiro combate de mouros e cristiáns" no campo do castelo. Ãs 19.30 horas, será a procesión ca Nosa Señora da Mercé desde a Capela da Saínza ata a Igrexa de San Xoán de Rairiz de Veiga. Ãs 22.00 horas chegará a música á festa e ás 23.45 horas será o asalto ao Castelo por parte dos mouros, para continuar ás 00.30 horas, cos fogos de artificio no Castelo e con actuacións musicais.

O último día da Romaría, o 23 de setembro, comezará ás 11.00 horas coa descarga de bombas de palenque e, ás 12.00 horas, será o pasarrúas a cargo da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, seguida dos actos relixiosos. Ãs 13.00 horas, celebrarase o tradicional combate de mouros e cristiáns no campo do castelo e, posteriormente, volverá a música a ser a protagonista.

Concello de Rairiz de Veiga, 2018-09-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES